Pages Navigation Menu

A RÍA NON SE VENDE DENUNCIA AO PORTO POR VERTIDOS

A rede de colectivos A Ría Non Se Vende vimos de denunciar diante do Xulgado de guarda:

1- que o Porto de Vigo estivo, até agora, vertendo impunemente ao mar as aguas residuais que se xeneran nos peiraos do Berbés porque carecen de conexión coa rede xeral.

Agora din que van fazer esa conexión coa rede e envialas até a estación depuradora do lagares para o seu tratamento. O que dito de outro modo é botarlas no medio da ría que se nota menos, xa que esta depuradora verte á Ría cada segundo 900 litros de agua sen tratar. O seu funcionamento é un desastre e a macrodepuradora que pensan construir no mesmo sitio tampouco vai funcionar porque non está proxectado realizar separación das aguas residuais, das pluviais e das industriais. Ao non separar os tres tipos de aguas os vertidos industriais impedirian que se realice o tratamento dos residuos e cando chovera muito saturaríase polas pluviais.

2- Que o polígono industrial do recheo de Bouzas tampouco ten ningun tipo de saneamento, polo que todos os residuos van direitamente para o mar provocando outro ponto negro de contaminación dentro da Ría. E aquí xa haberia que falar de aceites hidrocarburos pinturas, etc. que terian que ser tratados independentemente do sistema de saneamento da cidade. O mesmo pasa co resto das instalacións portuarias da Ría.

Será que non se deron de conta até agora de que non existe saneamento no porto? Como é posibel que se gastasen milhons de euros en paginas de prensa con publicidad sobre a urxencia das ampliacións e sobre proxectos fantasmagóricos como o proxecto Nouel, unha noria no porto, restaurantes, piscinas, etc e non se plantearan ate agora as obras de saneamento?.

3-Que o porto de Vigo pretende verter entre as illas de Ons e Sálvora 148.000 toneladas de lodos contaminados con metais pesados, hidrocarburos e restos de saneamento, procedentes do dragado para gañar calado nas dársenas do Berbés.

O fundo lamacento da Ría de Vigo acumula grande concentración de metais pesados polos vertidos industriais que durante muitos anos e ainda a día de hoxe, e mesmo desde o porto, se seguen vertendo ao mar. Parte de estos contaminantes poñense en suspensión, ao remover os fondos cando se fan os dragados, e poden espallarse pola Ría afectando a vida mariña e á cadea trófica e outra parte vai entre o material de dragado que pretenden verter entre as duas illas. Estos vertidos portuarios, poden contaminar á cadea trófica e afectar ao marisqueo e a pesca das ria de Pontevedra e Arousa.

A zona onde se pretenden realizar os vertidos utilizouse en outras ocasións para realizar vertidos de materiais procedentes de dragados, e din con descaro, no Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental no Porto Pesqueiro de Vigo, que por iso a afección á sedimentación mariña e á flora e fauna será moderada.

Tamén din que corresponde a unha zona da ría bastante extrema co que non se considera a afección a zonas de baño e bancos marisqueiros. Parece ser que quen redactou este Programa descoñece a acción das correntes mariñas.

Segundo este Programa feito polo Porto e supoñendo que sexa real, o material dragado corresponde á Categoría II, segundo as Recomendacións do CEDEX., ou sexa que terian a seguinte carga contaminante en mg/Kg:

Hg entre 0,6 e 3,0; Cd entre 1,0 e 5,0; Pb entre 120 e 600; Cu entre 100 e 400; As entre 80 e 200; Cr entre 200 e 1.000; Ni entre 100 e 400; e PCBs entre 0,03 e 0,1

Polo que precisan, segundo o CEDEX, un proceso de caracterización exaustivo para poder descartar posibeis efectos adversos no medio acuático para poder autorizar o seu vertido ao mar. Máis 22:47 (18 horas atrás)segundo o Porto unicamente será necesario un programa de vixilancia a curto prazo, aplicandoo durante a execución da xestión finalizando cando se vertera todo o material dragado.

A empresa encargada de realizar este Programa de Vixilancia Ambiental é EPTISA, empresa de inxenieria civil, encargada de construir autoestradas, aeroportos, ferrocarriles e como non portos, que non se adica a facer estudos de impacto, senon á construcción con impacto. E vai cobrar por facer unhas analíticas e uns informes. 66.400 euros (11.048.030 pts).

Istos vertidos suporian, de levarse a cabo, un atentado ecoloxico máis dos que nos ten acostumados o Porto de Vigo e dos cuais nunca hai responsabilidades xurídicas. Máis é hora de que haxa responsabilidades penais por cometer delitos ecolóxicos.

A RIA NON SE VENDE

No Comments

Trackbacks/Pingbacks

  1. Galiza Non Se Vende » Blog Archive » O Porto de Vigo renuncia a verter lodos contaminados xunto á illa de Sálvora - [...] días despois de que o Xulgado de Instrución nº 4 de Vigo admitira a trámite a denuncia de A…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.