O Porto de Vigo renuncia a verter lodos contaminados xunto á illa de Sálvora
Setembro 17th, 2008. Por Salvemos Monteferro en LitoralPoucos dÃas despois de que o Xulgado de Instrución nº 4 de Vigo admitira a trámite a denuncia de A RÃa Non se Vende contra o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Paz, entre outros, por un delicto continuado contra o medio ambiente, o Porto de Vigo anunciou onte que non vai seguir adiante co proxecto de verter nese lugar 150.000 toneladas de lodos altamente contaminados procedentes do dragado das dársenas do Berbés.
A denuncia de ARNSV centrábase nos vertidos anteriores, 1,8 millóns de toneladas de lodos procedentes do porto de VilagarcÃa, e baseábase nos datos aportados pola propia Autoridade Portuaria.
Precisamente ese era o “argumento” utilizado polos responsables do porto  para xustificar a elección do lugar: “Esta mesma zona utilizouse en anteriores ocasións para a realización de verteduras de materiais procedentes de dragados, polo que a afección á sedimentación e fauna mariña será moderada”. (?) Trátase ademais, dicÃan, dunha zona da rÃa “bastante externa”, polo que descartan a afección a zonas de baño e bancos marisqueiros.
Xesús Paz manifestou onte que, “A pesar de que a caracterización dos lodos recomenda que sexan depositados no propio mar, o volume é tan pequeno que nestes momentos fainos reconsiderar a nosa postura e envialos a un vertedoiro controlado en terra”
Con todo, segue en pé o proxecto de dragar no Berbés, unha operación que Antonio Figueras, do Instituto de Investigacións Mariñas, pertencente ao Centro Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC),  consideraba moi perxudicial, porque “espallará a contaminación pola rÃa”.
Unha Resposta a “O Porto de Vigo renuncia a verter lodos contaminados xunto á illa de Sálvora”
Por a todo porco... on Set 18, 2008
quen ten cú ten medo