Celebramos a supresión do proxecto do Teleferico para a Cidade da Cultura en Compostela.

Maio 28th, 2010. Escrito por Plataforma Cidada "Cultura si, mausoleo non" en Xeral | 1 comentario »

A PLATAFORMA CULTURA SI, MAUSOLEO NON CELEBRA A PARALIZACIÓN DEFINITIVA DO TELEFERICO POLO QUE SE INTENTABA UNIR A ZONA MONUMENTAL DE COMPOSTELA COA CIDADE DA CULTURA.

DENUNCIAMOS A IMPROVISACIÓN, FRIVOLIDADE E FALTA DE COMPETENCIA DO ALCALDE DE SANTIAGO, SANCHEZ BUGALLO, GRAN DEFENSOR DESTE PROXECTO, NON NATO DE FEISMO E QUE PUÑA EN PELIGRO A DECLARACIÓN DE PATRIMONIO DA HUMANIDADE DE COMPOSTELA

Dende que a alcalde de Santiago, Bugallo, deu a coñecer o seu proxecto de montar un teleferico en Compostela a Plataforma Cultura Si, Mausoleo Non, levou adiante unha campaña cidadan de denuncia e sensibilización do que supuña este “espenpentico” proxecto, carente de minimo rigor e sensibilidade coa riqueza monumental de Santiago. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

O Comité Cidadán de Emerxencia organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010

Maio 27th, 2010. Escrito por artabra21 en Xeral | Sen comentarios »

A mediados do pasado mes de Abril, a titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Ferrol, a Maxistrada-Xuíz Mónica Ramírez Encinas, emiteu un escrito de procesamento a 60 mariscadores da Ría de Ferrol por impedir o paso do buque gaseiro “Galicia Spirit” que se dirixía, cargado con GNL-LNG, á ilegal e perigosa planta de Reganosa en Mugardos en Maio de 2007″. A xuíz considera que “os procesados poden ser imputados de delitos de desordes públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves“.

Ante este procesamento o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol , veu a asumir a responsabilidade xunto outras organizacións veciñais, sociais e ecoloxistas que acompañaron á xente do mar na acción de autodefensa, pola Ría, a nosa seguridade e a vida.

O Comité Cidadán denuncia publicamente o procesamento dos mariscadores e mariñeiros, asumindo a parte de responsabilidade que lle corresponde e encetando unha campaña de auto-inculpacións. E con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Comité Cidadán organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010 no Porto de Ferrol, desde as 6 da Tarde.

O Comité Cidadán fixo un blogue onde se irá colgando todo o referente ao Festival:

http://todosparamosogaliciaspirit.blogspot.com/

Cartaz do Festival

Secuencia, ao encontro do “Galicia Spirit”, do documentario “O Salario do Silencio”, realizado por: Mabel Rivera e Enrique Banet.

 Fonte: http://www.youtube.com/user/Tximbalee

Enlaces de interese:

Enlace coa Galería Fotográfica nos Arquivos Ártabros
[38 fotos]

Ártabra 21: O “Galicia Spirit” na memoria: posíbel procesamento de 60 persoas no transcurso da loita contra Reganosa
____________________

Comentar esta nova...

A asociación do Parque cre que o edificio do Garañón afecta a zona verde

Maio 27th, 2010. Escrito por Asociación pola defensa do Parque Rosalía en Xeral | Sen comentarios »

Estuda accións legais porque considera que o PERI non é instrumento apto para cambiar a cualificación

A Asociación en Defensa do Parque Rosalía de Castro estuda cos seus asesores legais un perfil da polémica urbanización da unidade de actuación CS-5 (leira O Garañón) que cre que pode ter unha incidencia decisiva na evolución deste asunto. Entende este colectivo que o único edificio levantado ata o momento (aínda está sen acabar) podería estar parcialmente sobre unha franxa de terreo de dominio público cualificada como zona verde no PGOU. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

SÁBADO 29 DE MAIO ÁS 11::00h ROTEIRO POLA XUNQUEIRA DO LAGARES

Maio 26th, 2010. Escrito por Salvemos Monteferro en Xeral | Sen comentarios »

Desde a RNSV   (rede formada por máis de 15 colectivos entre os que se atopa a Comisión viciñal de afectados pola depuradora do Lagares) queremos invitaros a tod@s a un roteiro polo humidal da  Xunqueira do Lagares, paraxe natural valioso,que  leva anos degradándose debido a instalación da depuradora na súa contorna. Hoxe en día está proxectado para o mesmo sitio unha macrodepuradora que lonxe de arranxar os problemas de contaminación da ría de Vigo o que vai facer é amplificalos.A nova macro-EDAR completaría a destrución irreversible da Xunqueira e dos seus valores naturais, ocuparía territorio e propiedades de xeito innecesario e inútil, e seguiría afectando á saúde e á calidade de vida dos veciños.
  Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Roteiro pola defensa de Pico Vello

Maio 16th, 2010. Escrito por Fusquenlla en Xeral | 2 comentarios »

Os colectivos pola defensa da FRAGA DE PICO VELLO valora como un éxito o roteiro reinvindicativo que se realizou hoxe, tanto polo número de asistentes (120 en total), ós que agradecen a súa participación, como pola riqueza das intervencións dos distintos expertos informaron sobre divesrso temas

O obxectivo era dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello S.L.

Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Manifesto pola lingua

Maio 16th, 2010. Escrito por admin en Xeral | Sen comentarios »

Con motivo do Día das Letras Galegas, dende Galiza Non Se Vende queremos manifestar a nosa total oposición ao decreto do galego no ensino do PP, pois constitúe un atentado á lingua galega e, polo tanto, un atentado á cultura e á identidade de Galicia.

 Non podemos admitir un decreto que pretende lexitimar o abandono da lingua polos poderes públicos e interromper a súa transmisión interxeracional. Non podemos consentir que se menoscabe o dereito dos galegofalantes a usar, conservar e transmitir a lingua propia como legado, e que se impida a normalización do seu uso polo resto da poboación. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Europa cuestiona a política ambiental galega das dúas últimas décadas

Maio 15th, 2010. Escrito por Fusquenlla en Xeral | Sen comentarios »

As súas denuncias poñen en solfa o interese real de Galicia en sanear e protexer as súas rías Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Xoves 13 de Maio: 2º Charla-debate sobre saneamento na ría de Vigo

Maio 10th, 2010. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | Sen comentarios »

Saneamento integral si, macrodepuradora nonEsta vez será no centro de Vigo, ás 20:00, no auditorio do antigo reitorado, na rúa Areal.

Falarán:

  • Paco Diaz, do colectivo Salvemos Pontevedra, sobre a administración e as desfeitas na ría.
  • Pelayo Miguez, biólogo, sobre saneamento integral e efeitos da contaminación nos sectores produtivos.
  • Luis Alfonso Rodriguez, microbiólogo, sobre a contaminación microbiológica na ría.

Organiza: A Ría Non Se Vende

Comentar esta nova...

MANIFESTO DE VIGO: A sociedade civil por unha relación sustentable co mar

Maio 10th, 2010. Escrito por Salvemos Monteferro en Xeral | Sen comentarios »

 Reproducimos a continuación o MANIFESTO DE VIGO, onde se recollen as  Conclusións do Encontro Paralelo celebrado nesa cidade entre os días 27 de abril e 4 de maio, con motivo da reunión de ministr@s de pesca da Unión Europea.

Encontro Paralelo á reunión ministerial foi unha iniciativa de A Ría Non se Vende que contou coa participación de distintos colectivos de Galicia e do resto do Estado, de organizacións ecoloxistas estatais e internacionais (Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, WWF Adena, Océana), movementos sociais, como a Marcha Mundial das Mulleres, así como representantes do sector marisqueiro e confrarías de pesca locais.

O Manifesto, asinado por máis de 70 colectivos, recolle os puntos fundamentais do documento elaborado ao longo do encontro (cuxo contido íntegro podedes ver aquí) que foi entregado por rexistro na Axencia Europea de Pesca, no Ministerio español de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e na Consellería do Mar da Xunta de Galicia. 

A sociedade civil por unha relación sustentable co mar:
MANIFESTO DE VIGO
Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

O DISCURSO DO MESTRE: Enrique Banet, Premio de Honra Fernado Rey nos Premios Mestre Mateo

Maio 7th, 2010. Escrito por Salvemos Monteferro en Xeral | 4 comentarios »

O pasado xoves 15 de abril a Academia Galega do Audiovisual tivo o acerto de entregar o Premio de Honra Mestre Mateo ao noso querido compañeiro Enrique Banet en recoñecemento a toda unha vida profesional marcada polo compromiso. Un compromiso que, como el deixou ben claro, foi e vai sempre máis alá do que normalmente se entende por defensa da paisaxe e da biodiversidade para chegar a ser defensa do territorio, da vida, e da dignidade: Terra viva e vida digna para tod@s.

As palabras que pronunciou tras recibir o premio tiveron unha gran repercusión no país. Seguramente porque a súa firmeza e o seu contido quedaban moi lonxe do estilo habitual deste tipo de actos. Mesmo sorprendía escoitalas emitidas por unha canle de televisión. Por iso queremos ofrecelas hoxe aquí a todas e todos os que non tiveron a oportunidade de escoitalas aquel día.

Podedes velo aquí: Vídeo 1 e Vídeo 2

Parabéns e moitas grazas por todo, Enrique.

Comentar esta nova...

A Terra Chá non se vende

Maio 7th, 2010. Escrito por Salvemos Monteferro en Xeral | 2 comentarios »

O próximo día 12 de maio ás 20:00 horas no centro social Mádia Leva! (Rúa Amor Meilam 18 Lugo)  tera lugar unha palestra informativa, organizada pola Rede Galiza Non Se Vende, sobre as minas de cuarzo que pretenden explotar na Terra Chá. Para iso contaremos coa presencia de Marga Prieto que pertence à Comisión contra as minas.

Alí vos agardamos!

Comentar esta nova...

A Fiscalía investiga a tramitación da mina de andalucita das Pontes

Maio 7th, 2010. Escrito por Fusquenlla en Xeral | 5 comentarios »

A Fiscalía especializada en delitos contra o medio ambiente abriu unha investigación para esclarecer a tramitación dos permisos de explotación da mina de andalucita de Picobello S.L, nas Pontes, despois de que os ecoloxistas denunciasen as posibles irregularidades da Xunta na concesión das licenzas, segundo indicou hoxe Adega nun comunicado. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Mobilización pola defensa do Pico Vello

Maio 5th, 2010. Escrito por Fusquenlla en Xeral | Sen comentarios »

Roteiro pola conservacón da fraga de Pico Vello e na defensa do Belelle e do parque natural das Fragas do Eume.

 As entidades Adega, A. M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G. N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia organizan, o día 15 de maio, un roteiro pola zona de Pico Vello (As Pontes).

 O obxectivo é dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello S.L. Unha explotación con doce anos de vida útil, que suporía a destrución irreversible do lugar, e afectaría gravemente ó Río Belelle e ó P. N. Fragas do Eume. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Encontro paralelo á reunion dos ministros de pesca da Unión Europea

Abril 30th, 2010. Escrito por Salvemos Monteferro en Litoral | Sen comentarios »

 Ante a reunión que manterán en Vigo os ministros de pesca da UE os días 4 e 5 de maio, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE / GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, xunto á problemática  situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo.

Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como representantes do sector marisqueiro e confrarías de pesca locais.

O encontro terá lugar entre o 27 de abril e o último día da reunión ministerial, o 5 de maio. Nel trataranse os problemas que se expoñen no Documento de Convocatoria e constará dos actos e accións que se detallan no programa.

As conclusións do encontro serán recollidas nun Documento
que será entregado ós/ás participantes na reunión ministerial.

Comentar esta nova...

Charlas-debate sobre saneamento na ría de Vigo

Abril 26th, 2010. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | Sen comentarios »

Comentar esta nova...