Colaboración entre a Universidade de Compostela e a firma Picobello Andalucita, S.L.
Marzo 16th, 2010. Por Fusquenlla en Xeral Ao igual que sucedeu co algo artificial de Endesa n’As Pontes, Picobello Andalucita S.L. apóiase na USC para conseguir os permisos medioambientais
A empresa Picobello Andalucita, S.L. solicitou á SecretarÃa Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental un informe de impacto ambiental que avalase favorablemente a mina de andalucita que esta empresa quere abrir no concello d’As Pontes. Para conseguilo os responsables da firma de capital anglo-surafricano presentaron un estudo de impacto ambiental (EsIA) a medida dos intereses da empresa. Este informe foi aceptado pola propia consellarÃa de EconomÃa e Industria e, en base aos datos nel recollidos, resolveu facer público o preceptivo Informe de Impacto Ambiental que permitirá á empresa conseguir a autorizaciòn definitiva para comezar a explotación da mina.
O informe que presentou a empresas foi elaborado polo Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. O documento leva por tÃtulo “Estudo de Avaliación Ambiental do área afectada pola mina de andalucita de Picobello e o seu entorno”. O profersor encargado de dito estudo foi Felipe Macias Vázquez e o custo fixado pola propia Universidade foi de 9.333,33 euros.
Hai que salientar que o proxecto de lago artificial que Endesa está a deseñar n’As Pontes tivo un proceso parecido ao da mina de andalucita. En ámbolos dous casos a Xunta de Galiza emitÃu os informes favorables en base a estudos presentados polas propias empresas en lugar de elaborar informes independentes elaborados polos servizos técnicos da Xunta de Galiza. E tamén en ámbolos dous casos as empresas botaron man de cadanseu estudo realizado polo pofesor Felipe MacÃas Vázquez.
Para os que nunca entenderon a tan pregoada apertura da Universidade á empresa privada, teñen aquà o mellor expoñente de dita colaboración.
6 Respostas a “Colaboración entre a Universidade de Compostela e a firma Picobello Andalucita, S.L.”
Por tiago on Mar 16, 2010
Chámase cazo
Por Willie on Mar 17, 2010
Amigos meus, a pesares de non ter lido ese informe, nen coñecer este caso en concreto, dubido moito que Felipe Macias poña en xogo o seu prestixio e reputación por 9.333,33 euros.
Por Willie on Mar 17, 2010
E no que a apertura da Universidade a empresa privada, creo que todo o mundo coñece casos de estos casos de “apertura”, empregando medios (humanos -refÃrome a becarios, xente facendo tesis, tesina, proxecto fin de carreira- e materiais) proporcionados pola Universidade.
Por manuel on Mar 17, 2010
se o amigo willie non coñece o caso, qué lle fai supoñer que o señor MacÃas teña un prestixio académico que defender? Dadas as circuntancias é máis lóxico supoñer que ten unha conta de gastos á que atender. O informe de impacto ambiental sobre o lago das Pontes que elaborou este prestixioso cientÃfico tampouco ten desperdicio. Minimizaba ata o absurdo os problemas ambientais que xerarÃa a construcción do lago. Pero era aÃnda máis interesante a análise que facÃa sobre o impacto que a obra terÃa sobre a opinión pública. Técnicos coma éste pódense calificar sen problema algún de mercenarios.
Por Ana C. on Mar 17, 2010
Os 9.333,33 euros poden ser a parte visible do Iceberg. Claro que a universidade realiza traballos para as empresas e claro que eses traballos son rtemunerados en cuantÃas públicas. Pero o que se coce por detrás, só eles o saben. Se eu fose empresario non me atreverÃa a encargar un inofrme semellante se nates non se me desen garantÃas de obtrer o resultado que eu busco. E esas garantÃas moi ben poden ser acordadas en privado
Por Humor on Mar 17, 2010
1.9.000 euros non é pouca cantidad por unha ducia de folios onde se enchen os ocos dunha plantilla.
2.9.000 euros por empresa, se hai digamos 50 empresas interesadas, é bastante.
3.Por detrás sempre se pode dar máis.
4.A Universidade anda escasa de fondos.
5.O pulo a este tipo de “Pseudodepartamentos” de investigacións á carta é constante. É máis importante investigar a saÃda ao mercado do kiwi en almÃbar ou facer gañar cartos a Gamesa que investigar de verdade.
6.A comunidade cientÃfica sabe distinguir entre cientÃficos e asalariados de empresa. Véxase o caso do cambio climático. Aquà non hai ninguén que comprometa a súa reputación investigadora porque nin sequera son investigadores.