Unha agresión intolerábel: a mina de andalucita n’As Pontes bota a andar
Marzo 12th, 2010. Por Fusquenlla en MinerÃa
Se alguén pensaba que en materia medioambiental a permisividade do goberno anterior xa era de por si nefasta, agora o goberno do Partido Popular demóstranos que as agresións ao territorio aÃnda poden acadar cotas máis elevadas de destrución.
A Xunta de Galiza acaba de aprobar a Declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión Sonsoles IV, 6156.1, concello das Pontes de GarcÃa RodrÃguez (A Coruña), promovido por Picobello Andalucita, S.L. Esta empresa de capital surafricano e británico ten a súa sede na Coruña.
Este proxecto do ano 2000 vai crear 33 empregos segundo o Instituto Galego de Promoción Económica e conta cunha subvención estatal de 6,3 millóns de euros, o 37 % do investimento total previsto. Unha cifra desorbitada que non pode ser xustificada pola crecaión de postos de traballo. No ano 2005 a ConsellarÃa de Medio Ambiente, dirixida por Pachi Vázquez, rexeitou o estudo de impà cto ambiental por afectar ao parque natural das Fragas do Eume. A empresa presentou unha modificación do proxecto no que aseguraba que o parque natural quedaba excluÃdo da explotación, quedando esta a 50 metros das Fragas.
A superficie ocupada polo novo proxecto é de 277.016 m2 e a SecretarÃa Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viábel. A mesma ConsellarÃa, nun trato de favor dificilmente xustificábel, deixa aberta a posibilidade de que a empresa solicite unha modificación das medidas impostas pola administración en caso de ser dificultosa a súa implantación: “O promotor poderá solicitar ao órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta Declaración co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na explotación”
No proxecto primeiro de Picobello Andalucita prevÃase expropiar 150 hectáreas, unha superficie equivalente á marcada no plano.Visualizar o mapa ampliado
O permiso para dita explotación suporÃa a destrución duns inmensos valores ecolóxicos, paisaxÃsticos e etnográficos (fragas, regos, brañas, muÃños, acueductos, rueiros, regadÃos, …). No lugar nacen dous regatos: rego de Cernada e o rego de Gallel, ambos os dous están incluÃdos na bacÃa do rÃo Eume, aÃnda que tamén poden verse afectados os regos de SisÃn, rego da Igrexa e regato de Teixido. Sen esquecer ao rÃo Belelle. Unha agresión a un enclave que deberÃa, polas súas caracterÃsticas, estar comprendido dentro dos lÃmites do parque natural das Fragas do Eume e que nos demostra como o novo goberno da Xunta de Galiza está disposto a desandar o camiño que a sociedade civil galega trazou en defensa do territorio.
