CANGAS ERGUEUSE EN CONTRA DO PORTO DEPORTIVO
Agosto 3rd, 2009. Por Salvemos Monteferro en XeralErguéndose sobre os ombreiros dos seus mariñeiros, Cangas falou alto e claro: Porto deportivo non!
Máis de cinco mil persoas amosaron onte a súa firme oposición á construción do porto deportivo en Massó nunha das manifestacións máis numerosas da historia da vila do Morrazo. A inmensa maiorÃa dos comercios e bares permaneceron pechados desde as 19:30 ás 21 horas, colgando nas súas portas un cartaz de apoio á mobilización.
Esta resposta masiva revela a inconsciencia e a indignidade das recentes declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que aseguraba que os opositores ao porto deportivo eran “unha minorÃa moi minoritaria que non se presenta ás eleccións”.
De Louro e do Subdelegado en Pontevedra, DelfÃn Fernández, acordáronse onte @s manifestantes que abarrotaron as rúas de Cangas cando pediron en varias ocasións as súas dimisións asà como a de Clara Millán, alcaldesa da vila (BNG).
A manifestación arrancou pasadas as oito da tarde, tras a intervención do patrón maior da confrarÃa de Cangas, Evaristo Fernández: «Con respecto, con humildade, representando á confrarÃa, ao mar, a este pobo. Queremos unir, sumar, ganar. Queremos que non nos emporquen a rÃa. SaÃmos á rúa polas nosas familias, para que teñan a seguridade de que imos loitar polo seu prato de sopa diario».
Entre as consignas máis repetidas escoitouse o “goberne quen goberne Massó non se vende”, “defender a rÃa non é delito” e “menos recheos e máis marisqueo”.
Despois de percorrer o centro da vila a manifestación dirixiuse a Massó. Cando a cabeceira chegaba á explanada da antiga factorÃa a cola aÃnda estaba máis alá da entrada do camiño de acceso, en Pedra Alta.
No ambiente notábase a indignación provocada polas accións policiais do pasado 20 de xullo, coa detención de 16 persoas, tres delas feridas, todas esposadas, maltratadas co seu traslado contundente, humilladas co trato recibido, obrigadas a permanecer como delincuentes nas deplorables dependencias da Garda Civil, seis delas separadas dos seus e da súa vida cotián máis de 24 horas, nunha actuación inxustificable.
A indignación alcanzou o seu lÃmite ao chegar á zona das obras, onde debÃa concluÃr a manifestación. Catro axentes da Garda Civil foron incomprensiblemente obrigados polos seus mandos a permanecer no lugar, nun acto de provocación ridÃcula e irresponsable. Os axentes quedaron totalmente rodeados por miles de manifestantes entre abucheos e insultos, sometidos a unha humillación innecesaria e creando unha situación perigosa para todos, que afortunadamente non tivo consecuencias debido á responsabilidade dos presentes.
O primeiro en tomar a palabra foi Fernando Broullón, representante da asociación de navalleiros. Fernando foi un dos detidos e agredidos o pasado dÃa 20. Na súa voz vibraba a indignación e unha fonda dignidade que foi quen de transmitir a tódolos presentes. Con sinxela elocuencia foi relatando a experiencia de quen vive do mar e vai vendo como, dende o poder polÃtico e económico, vaise desmantelando o sector pesqueiro galego, recurso básico e fundamento da identidade de Galicia, substituÃndo todas as especies do paÃs polas catro especies criadas en piscifactorÃas, ou importadas desde o outro extremo do mundo, roubando e destruÃndo os bancos pesqueiros e marisqueiros tradicionais para poñelos en mans privadas, en beneficio do disfrute banal duns poucos privilexiados.
«Que lle quede claro á empresa e ao señor DelfÃn Fernández que aÃnda que mande a 500 guardias civiles imos impedir que fagan este porto deportivo». Os berros de “policÃa asesina” e “garda civil fora de Massó” atronaron o ar mentres algúns ovos voaban cara ao lugar que ocupaban os policÃas visiblemente alarmados.  Rematou a súa intervención citando a tódolos mariñeiros o luns a primeira hora nese mesmo lugar para paralizar as obras.
Falou despois o patrón maior da confrarÃa de pescadores. Empezou pedindo un aplauso para o Foro Social pola súa firme traxectoria de loita contra o porto deportivo. «Imos tratar de facer unha bola de neve tan grande que os arrolle a todos. Emprázovos a todos, mariñeiros, cidadás e cidadáns. Conto con vós para loitar contra toda esta xente. Coa vosa dignidade espero que poidamos impedir que nos emporquen esta preciosa rÃa que temos». Evaristo Fernández asegurou que non aceptarán ningunha indemnización, “pois esta desfeita rematará co traballo de moitas xeracións, polo tanto é algo non indemnizable”. Comprometeuse a mobilizar a todas as confrarÃas da rÃa, da provincia e de toda Galicia para defender o Salgueirón. Aludiu tamén á brutalidade policial dos pasados dÃas e as súas palabras acenderon novos berros: “son mariñeiros, non terroristas”.
En representación de Galiza Non se Vende falou a continuación a actriz Mabel Rivera quen destacou a “gran afluencia de xente”, e agradeceu aos cangueses “a loita que desempeñan para defender os recursos mariños e unha explotación razoable do medio”. Rematou renovando o compromiso desta rede de colectivos no seu apoio ao pobo de Cangas na súa loita pola defensa do Salgueirón.
Os membros do Foro Social Antonio Cordeiro e Tiago Pérez encargáronse de ler o manifesto, que insistiu nas liñas que veñen defendendo desde que arrincaron as obras do porto deportivo. Acusaron aos tres partidos maioritarios de Cangas (PP, BNG e PSOE) e á Autoridade Portuaria de Vigo de estar detrás deste proxecto, para despois esixir do Concello que “pare as obras inmediatamente, pois son ilegais”.
Cando un pobo posto en pé se manifesta coa contundencia coa que o fixo Cangas este sábado sobran valoracións e comentarios. Os seus “democráticos dirixentes” deben tomar boa nota. Se, como a eles sempre lles gusta dicir, están ao servizo da vontade popular non lles queda máis que unha opción.
Corina Porro, Clara Millán, DelfÃn Fernández, Antón Louro e outros cantos parecidos non poderán disimular máis. A vontade popular quedou moi clara. Agora terán que explicarllo a Caixanova, non si?
8 Respostas a “CANGAS ERGUEUSE EN CONTRA DO PORTO DEPORTIVO”
Por ornitologo on Ago 3, 2009
Parabéns á xente de Cangas,ao Foro Social e a todos os demais que estades a combatir ese despropósito ambiental. a corrupción polÃtica e o abuso de poder. Sodes…incontestables.
Por Pepiño on Ago 3, 2009
CANGAS FOI UNHA FESTA. Certo que a tensión flotaba no ambente, certo que a loita non rematou… Pero somos moit@s (moit@s máis dos que eles dicen e queren)e esa tarde marabillosa sentÃmonos xunt@s e fortes. Xa hai tempo que Cangas é un sÃmbolo da loita en defensa do mar, da terra e do planeta. E non estou esaxerando: é aquelo de “pensa globalmente e actúa localmente”. Cangas xa é global.
Unha aperta a tódol@s compañeir@s desa vila e da rÃa de Vigo porque fixeron posible eses momentos de fe, de forza, de enerxÃa compartida. A loita continúa pero ese sábado será para sempre un recurso de forza e de fe.
Moitas grazas polo voso traballo impagable e parabéns, moitos parabéns.
Por Augas Ceives on Ago 3, 2009
http://augasceives.nireblog.com/
Por Erasmo on Ago 4, 2009
Para remitir á Presidencia do Goberno Central:
Asunto:
Actuación Policial en Massó = Cangas = Pontevedra
Señor Presidente:
Que los intereses privados se antepongan a las leyes que defienden el litoral común de todos los ciudadanos no es justificable ni puede justificar la intervención del Delegado del Gobierno en Galicia violentando los derechos democráticos de los vecinos de Cangas y de quiénes apoyamos un futuro sostenible y el respeto por el medio ambiente y la defensa del libre acceso a la costa gallega.
Este reportaje esperamos sirva para abrir los ojos del Gobierno Central sobre las actuaciones que está llevando a cabo su Delegación en Galicia:
http://gzvideos.info/reportaxe-sobre-as-16-detencions-en-masso/
Solicitamos la retirada de todos los cargos contra los manifestantes que fueron detenidos brutalmente y sin causa legal justificada.
Solicitamos que se abra una investigación sobre la brutal actuación de la Guardia Civil en Cangas y que se sancione a los responsables.
Solicitamos el respeto de la legalidad vigente en todo el proceso de Massó y la escrupulosa vigilancia por parte del Gobierno Central en este asunto que afecta a la defensa de los intereses públicos y legÃtimos de la CiudadanÃa.
Nome e apelidos
DNI 00.000.000.A
Remitir a:
jlrzapatero@presidencia.gob.es
Por Pedro on Ago 6, 2009
Solo comentar que según la prensa a esa manifestación fueron unas 5.000 personas de las cuales 2.000 no eran de Cangas, y 3.000 no eran marineros. ¿Por qué no se protesta por la mierda de lonja que nos estan haciendo y por la mierda de casetas que tenemos en el dique? no por eso no protestamos protestamos donde hay dinero por detrás para ver si Abalo come un poco. No me joder y protestar por cosas decente. Un saludo y no hunidr más cangas.
Por Erasmo on Ago 6, 2009
Pedro quizás llevas razón… si no estoy equivocado las casetas y la lonja también se están construyendo en zona competencia de la Autoridad Portuaria (?)
La misma mierda que nos colaron en Vigo con el Edificio A Laxe construido por Zona Franca en terrenos del Puerto, mientras el barrio del Berbés sigue en ruinas…
Están haciendo lo mismo en todas partes, incluÃda Villa PSOE na Illa de Arousa (ver enlace).
Se suben al poder con nuestros votos y luego se montan en el dolar por el morro!
Resistir! Es lo único que nos queda!
Salvo que teñas barco de recreo e queiras un amarre en Marina Atlántica, non entendo ben o teu cabreo…?
Por Ret on Ago 11, 2009
Haber si nos levantamos en Galicia que dejen de tomarnos el pelo. Quieren eliminar la identidad cultural propia de Galicia a base de cañonear el paisaje.