Visita de apoio de Pérez Esquivel aos opositores ao porto deportivo de Cangas
Xullo 15th, 2009. Por admin en Xeral
O arxentino Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz (1980), acudiu onte xunto á antiga conserveira de Massó Irmáns en Cangas para expresar o seu apoio ao Foro Social que se opón á construción dun porto deportivo e unha urbanización no Salgueirón, o solar que foi da conserveira. A empresa construtora, Pontes e Calzadas, renovou esta semana a execución do proxecto con protección da Garda Civil, que o luns detivo a un dos portavoces do Foro Social.
Pérez Esquivel, cuxo pai era de Combarro, fixo un breve e intenso discurso ante unha trintena de persoas. “Estamos nun pequeno planeta, a nosa única casa”, dixo para argumentar a defensa do medio ambiente mundial. “Aquà non hai fronteiras para apoiar as causas xustas”, engadiu. Anunciou a posible creación dun tribunal penal internacional para xulgar os delitos ambientais e requiriu o respecto aos dereitos dos pobos “porque moitas veces priviléxiase ao capital financeiro sobre a vida do pobo”. Nese contexto, Pérez Esquivel defendeu os intereses dos mariñeiros e da propia rÃa de Vigo.
Coincidindo coa súa visita, a construtora Pontes e Calzadas renovou o proxecto de Residencial Mariña Atlántica para O Salgueirón con outra fase de obras que durará 18 meses. Nesta etapa recuperarase o bordo litoral, afirmándoo para construÃr nel un paseo marÃtimo, segundo consta no proxecto de Mariña Atlántica. Esta fase enlaza coa anterior de rehabilitación do dique de Punta Tirotea que, segundo a empresa, puido culminarse a pesar da oposición veciñal. As obras que agora acomete, “con todos os permisos pertinentes da Autoridade Portuaria de Vigo e o informe favorable da declaración de impacto ambiental”, esténdense ao longo duns 1.300 metros do bordo litoral, sen avanzar mar dentro na propia construción do porto deportivo.
Mariña Atlántica iniciou as obras do seu proxecto en 2005, sen que apenas poidan adiantarse a pesar da “poquÃsima xente” que se opón ás mesmas, segundo insisten en destacar fontes da promotora e da construtora. A confrarÃa de pescadores, pola previsible destrución dun banco marisqueiro, e o Foro Social, polas circunstancias especulativas que concorren no proxecto, presentan os principais focos de oposición ao mesmo. O actual goberno de Cangas tamén negou o seu desenvolvemento no pacto de coalición (BNG, PSOE e ACE), pero agora só ACE, liderada por Mariano Abalo, mantén unha aberta beligerancia co proxecto.
As obras volven estar protexidas pola Garda Civil, que o luns detivo a un dos portavoces do Foro Social. Abalo emprazou á alcaldesa, Clara Millán, a paralizar as obras por carecer de permiso municipal e a pechar ao tráfico o viario que usan os camións con material de obra pola ameaza que supón as súas vibracións sobre o edificio da antiga conserveira, catalogada como referente do maior interese do patrimonio industrial de Galicia. El PaÃs
5 Respostas a “Visita de apoio de Pérez Esquivel aos opositores ao porto deportivo de Cangas”
Por Loureiro on Xull 16, 2009
Paréceme moi ben toda a protesta contra o proxecto en Masso. Pero baixo o meu punto de vista, nestes mesmos dÃas estase cometendo un dos maiores atentados ecolóxicos en Galiza, e non vexo que GNSV diga nada. RefÃrome ao encoro de Iberdrola na Ribeira Sacra. Cal é a postura de GNSV perante esta grande desfeita?? O silencio, esperar a que o BNG estea no goberno da Ribeira Sacra e despois denunciar a grande desfeita??
Por borneira on Xull 16, 2009
E qué terÃamos que facer, calarnos unhas cousas para dicir outras?
Denuncia o problema de Iberdrola, a RGNSV é unha rede e estou seguro que os seus colectivos non terÃan problema en suscribir a túa denuncia.
E se pensas que a rede ten especial animadversión cara ao BNG estás errado/a, aÃnda que estou seguro que a todas nos doe que xente que estivo defendendo a terra estea agora, como a alcaldesa do BNG en Cangas, do lado dos intereses máis noxentos.
Por Un on Xull 17, 2009
E ti que fixeches loureiro? GustarÃame saber cal é o teu punto de vista sobre o atentado sobre a ribeira sacra.
Tamén me gustarÃa saber como de tonto pode ser un para pedir nun blogue ecoloxistas explicacións de se os ecoloxistas están a favor ou en contra de determinada actuación aberrante contra o medio ambiente. Ou de tonto ou de irónico. ¿Pero váleche para ter a conciencia tranquila co partido ao que votas non? Non perdas o tempo en disquisicións partidistas porque o único que mira a realidade dese xeito es ti e os partidos.
PD:
Por laurus nobilis on Xull 17, 2009
Si, o outro dÃa entrei no blog do BNG e non vin pronunciamento ningún contra o aforcamento de Sadam Hussein. Será que están a favor da pena de morte.