Pages Navigation Menu

Defensa do Parque Rosalía

O presidente da Asociación en Defensa do Parque Rosalía de Castro presentou onte sendas denuncias no xulgado de garda e a Delegación de Cultura. No texto, Marcos Bourio di que se realizan traballos no antigo Sanatorio Portela, un edificio catalogado, e na leira lindeira cara ao final da rúa Xacobe III. Todo iso, asegura, sen o preceptivo permiso da Consellería de Cultura. Di que non hai cartel no que conste o número de licenza, arquitecto e as obras a executar.

Na mesma denuncia sinálase que a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece a protección da contorna dos edificios catalogados. Cerca do antigo sanatorio está en execución a urbanización da unidade de actuación CS-5, á que se opón a citada asociación.

Nos escritos presentados no Xulgado e na Consellería de Cultura, solicítase a adopción das «medidas correctoras oportunas para evitar a total deterioración de devandita zona emblemática». Reclaman tamén a esixencia das responsabilidades que puidesen ter os organismos e os técnicos.

3 Comments

  1. É unha salvaxada o que están a facer no Parque Rosalía que conta cun informe preceptivo e negativo da Dirección Xeral de Patrimonio que non sabemos para que está se os alcaldes e gobernos minicipais poden na práctica, ou mellor dito, se lles permite facer calqueira cousa, ata saltarse a normativa superior mentres a actual Xunta que debería investigar e revisar este tema facendo cumprir as leis mira para outro lado.
    E BELAS ARTES, AÍNDA NON SE ENTEROU DESTA DESFEITA?. TEN QUE INTERVIR, COMO FIXO NOUTROS CASOS PORQUE ISO É O QUE NOS INDICA, ENTRE OUTROS, O ARTIGO 46 DA CONSTITUCIÓN!
    Está claro que a Xunta e os concellos nin leron o INFORME AUKEN E QUE NON AOPRENDERON NADA DO CASTIGO DO POBO GALEGO AO BIPARTITO, mais isto vai ter serias consecuencias para todos aqueles implicados na destrución da nosa paisaxe, patrimonio natural e ata cultural como neste caso.
    Noraboa aos valentes defensores do Parque Rosalía e aos cidadáns que os apoian!. A súa loita, que conta co apoio de toda a REDE GALIZA NON SE VENDE é un exemplo do que hai que facer cando a xustiza non existe ou chega tarde e as administracións non cumpren coas súas obrigacións e deixan que se destrúa a mellor paisaxe e parque dunha cidade cun valioso patrimonio cultural e os do ladrillo sen escrúpulos incluso empregando métodos mafiosos, como neste caso,(xa que atropelaron a unha persoa e tentaron facer o mesmo noutro caso)” entran a saco” destruíndo a través dunha especulación salvaxe o que é de todos.
    MAÑÁN TODOS E TODAS A LUGO!
    QUE MAÑÁN O POBO DE LUGO MANIFESTE A TRAVÉS DA MANIFESTACIÓN E SINATURAS, SEN MEDO, A SÚA POSTURA E DEFENDA A SÚA MELLOR PAISAXE E PATRIMONIO FRONTE AOS CACIQUES E ESPECULADORES!

  2. Estou con vosco.
    Anímovos a que sigades na loita e cada vez seremos máis os que nos levantemos contra a destrución do noso patrimonio e zonas verdes.
    Esta Xunta vai facer o mesmo ca anterior?
    O mellor É Entón non votar a ninguén porque nos están tomando o pelo.
    Vai chegar un momento, é non vai tardar, que a cidadanía vai dar sorpresas e dicir: BASTA XA DE TANTAS CACICADAS E DESTRUCIÓN!

  3. Estuvo muy bien la manifestación en defensa del Parque Rosalía que es el mejor de Lugo y desde donde se divisan las vistas más amplias y maravillosas que rodean la ciudad, incluido el Río Miño,montes y bosques autóctonos, donde justamente harían un brutal impacto paisajístico y visual negativo las 3 torres que quieren imponer a pesar de que se cementa el área de cautela de las termas romanas, declaradas BIEN DE INTERÉS CULTURAL.
    Es increíble que en pleno siglo XXI sucedan estas cosas y que la fiscalía especializada
    “no se entera” y no intervenga de oficio contra esta destrucción paisajística y contra el patrimonio en pleno centro de la ciudad.
    En los últimos anños estamos sufriendo a nivel ambiental y cultural las mismas barbaridades que en el Mediterráneo, el mismo denominador común, donde las distintas administraciones implicadas (en este caso las tres, según lo que descubren otros comentaristas)) o destruyen o miran para otro lado lo que demuestra la corrupción sistémica que denuncia el INFORME AUKEN APROBADO RECIENTEMENTE POR EL PARLAMENTO EUROPEO.
    ¡Adelante defensores del Parque Rosalía, tenéis toda la legitimidad para defender y salvar para Lugo y las generaciones venideras lo que aquellos que deben hacerlo, comezando por la Xunta y Dirección Xeral de Patrimonio no hacen!
    Si no quieren luchar o no pueden contra una constructora que se pasó de la raya y un concello que viola la LEY DE PATRIMONIO Y LA MISMA CONSTITUCIÓN y es un ejemplo de especulación salvaje ¿qué podemos esperar en el litoral? ¿Qué clase de urbanismo nos quieren imponer, el modelo del Mediterráneo?
    ¿Para qué sirve la LEI DEL PAISAJE?
    Es cierto que sólo cuando lleven un revés, unos y otros en las elecciones, empezarán a tomarse en serio el patrimonio natural, paisajístico y cultural.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.