Pages Navigation Menu

Delirio? Habelo haino

Antón Losada, controvertido dirixente nacionalista, xornalista, político mutante, ex-vicesecretario, profesor  e tertuliano da televisión, descalifica a Galiza Non Se Vende

Da oposición ao goberno hai un treito difícil de percorrer so risco de caer nunha coñecida paranoia. Abondan os casos dos que aupados ao poder deixan de identificarse cos que antaño foron os seus compañeiros de viaxe. De súpeto os fins sempre perseguidos pasan a ser utopías, e os que se empeñan en defendelas, perigosos inimigos do sistema. Dende un punto de vista  psiquiátrico tal comportamento  podería encadrarse nunha tipoloxía moi común á clase política: o trastorno delirante, unha enfermidade moi acusada en individuos cunha alta taxa de narcisismo que se viron afectados por serias frustracións. Os afectados por esta clase de enfermidade teñen unha visión fixa da realidade segundo as súas conviccións, atribuíndo aos demais a incapacidade de comprender tal realidade.

Hoxe publica El País un artigo do coñecido ex-secretario xeral de Vicepresidencia e de Relacións Institucionais e dirixente do BNG, Antón Losada. Baixo o título Cambio? Habelo haino tenta desmentir aos que nos últimos tempos cuestionan o alcance do dubidoso cambio social auspiciado polo goberno bipartito da Xunta de Galiza. Amparándose na nefasta lexislatura de Fraga, o político nacionalista defende os logros acadados en materia lingüística, vivenda, industria e igualdade. E a continuación arremete contra os desencantados que se laian das 300.000 vivendas baleiras que existen en Galiza, dos parques eólicos e piscifactorias que invadirán a Rede Natura, das maltratadas rías galegas ou das minas e vertedoiros que depredan o campo galego.

Losada mete no mesmo saco, con ánimo de desacreditar, tanto a Galiza Non Se Vende e aos sindicatos, como a Galicia Bilingüe. Todos os que se sitúan á súa esquerda e á súa dereita pecan dos mesmos erros. A verdade absoluta está onde Losada se atopa. No que respecta á rede GNSV, o que foi  man dereita de Quintana amosa unha nula sensibilidade polas xustas reivindicacións da cidadanía galega que o pasado domingo manifestouse polas rúas de Compostela. Afirma este erudito personaxe o seguinte:

“Así, cabe preguntarse se cando negan o cambio quen gustan definirse como os sectores máis dinámicos da nosa sociedade, fano desde un uso tan conservador como confundir o seu e o de todos. Sirva de exemplo a recente manifestación de Galiza non se vende ou cada colectivo co seu tema, unidos pola perenne gran causa común galega: “Que hai do meu?”. Cada un descualifica ao bipartito segundo desatendeuse a súa causa individual. O problema non é o cambio, senón que non fose á carta

Descoñece acaso Antón Losada que a riqueza das rías pertence a todos os galegos? Que o litoral é un ben común que debemos preservar para as xeracións vindeiras? Que por riba dos intereses de Ence, Endesa ou Fenosa está a saúde e benestar de todos os galegos? Que o Courel é acervo da nosa comunidade? Mais semella que é Losada que confunde o que é patrimonio dos galegos e o das grandes multinacionais.

23 Comments

  1. Vai falar o Sr Antonio, que entrou na Xunta berrando polos pasillos e polo teléfono e saíu ao cabo dun chisquiño perxudicado cun sobresoldazo de agárrate, despois de causar unha magalla entre a militancia e a simpatizanzia do BNG, je je

  2. Pero, éste non foi asesor do PP na era Fraga? Pareceme ben acertado o de político mutante porque cando di o de “que hai do meu” debe referirse a si mesmo.

    Que o Sr Antonio descalifique a GNSV é o mellor dos cumpridos.Será que algo estaremos facendo ben…

  3. Antón Losada é un despota, mais non moi ilustrado.

    Considera, como o resto do governo galego, que eles saben o que é mellor para todos, e deciden en consecuencia, de costas ao pobo “ignorante”.

    Por eso lles molesta tanto GNSV. Porque os seus colectivos, todos, de dereitas ou de esquerdas, ecoloxistas e veciños, agricultores e urbanitas, denuncian o mesmo: que non se debe gobernar de costas ao pobo.

    Fano caso a caso e, mira ti por onde, os problemas son sempre os mesmos, en todas partes, que a Xunta non escoita e pasa por riba de quen faga falta con tal de defender tal ou cal interés empresarial. A Xunta ataca o modo de vida da xente, destrúe o seu territorio, e ao facelo, destrúe o seu modo de vida, o seu traballo, a súa historia…
    Para xustificalo falan do interese público, coartada maldita que non é necesario demostrar. Pero a identificación deste interés público, en cada caso, con intereses empresariais concretos, é total.

    Asi que a xunta, o único modelo de país que defende, ese cambio do que tanto presume Antón Losada, é que unha ducia de empresas monopolicen a actividade económica, destruíndo calquer outra alternativa. Un cambio escollido á carta dun restaurante de luxo, con dereito de admisión, onde só se sentan a comer os novos mandaríns galegos.

    O cambio limitouse aos nomes das empresas ou corporacións amigas, que algunha mudaría, non o nego, dende que marchou fraga.

    Asi que Antón Losada defende sentarse á mesa con eses comensais, e non outra cousa, cando fala de cambio.

    Que nos descalifique Antón Losada é eso, o mellor dos cumpridos.

  4. Aposto a que se gaña Feijóo ha de publicar un artigo o sabio calmado este en louvanza aos movementos como GZNSV que traballan a prol de que Feijóo perda as seguintes eleccións.

    E unha vez máis aquí a cuestión, os homes de estado, narcisistas algúns megalómanos outros, non distinguen entre finalidade e consecuencia, porque para eles a finalidade é o poder, e usan as consecuencias para as súas finalidades. Por exemplo, a oposición ambiental, cunha finalidade intrínseca, para eles é só a consecuencia (léase abatir ou non un goberno) . Pola consecuencia emiten os seus xuízos políticos, pola consecuencia se desviven, a consecuencia lles pode ser de proveito ou non, pero para eles, as consecuencias, son en realidade as finalidades. E para usar estas consecuencias adquiro uns principios, e para usar outras consecuencias, teño outros principios tamén.

  5. Quen nega o cambio?
    Negalo é recoñecer que non existe unha prensa libre en galego, plural, obxectiva e non subvencionada e que non se torpedean os medios de comunicación alternativos
    Negalo é afirmar que prosegue a privatización dos servizos públicos, as prácticas clientelares, o caciquismo
    Negalo é afirmar que os furados das canteiras cubren por todos os lados o país, que as augas dos nosos ríos flúen libres de encoros e de residuos tóxicos
    Negar o cambio é admitir que a destrucción da paisaxe prosegue, que non hai unha mudanza con respecto ao patrimonio cultural, que castros, mámoas, círculos líticos son ameazados polas obras de costosas e inútiles infraestructuras
    Negalo é supoñer que as augas das nosas rías non estean depuradas e que sigan existindo en medio delas empresas contaminantes e perigosas
    Negalo é pretender que non se acabaron os gastos suntuarios de novo rico ou as viaxes electorais a outros hemisferios.
    Negalo é comparar as romerías de Fraga coas modernas campañas propagandísticas de vicepresidencia
    Negalo é facernos crer que siguan existindo deputacións, listas de espera ou os votos pantasma dos que son pero non están

  6. Este ‘gordiño agradecido’ non dí nada novo… repíte o mesmo que dixeron outros cando a Primeira Manifestación de GNSV… daquela o mesmo Ferrín dicía que andabamos á procura do nóso… do de cada quén… Lembrades?

    Pois dende aquela só vin ó Antón Losada nos mentideiros de TVE vaticinando futuros maravillosos que deben ser os seus propios, nese mundo entre o periodismo e a farándula máis rancia que se autopromociona nos medios de in-comunicación deste país de ananos.

    Están tan cegos de PODER que non son capaces de ver nin siquera o que están facendo: VAN FACER QUE CHOVA CEMENTO E ASFALTO EN GALICIA…

    Pero estes estómagos agradecidos seguirán a dicir que é o prezo a pagar pola súa saída do funil da historia: ese ir e vir en avión a todas partes pisando moqueta e chupando cámara para reventar de AUTOCOMPLACENCIA!

    RESISTENCIA!

    Posiblemente daranlle un cargo no Instituto Castelao e seguirá engordando a conta dos galegos (é o único que saben facer ben).
    http://quin.tv/video/a-axencia-galega-das-industrias-culturais

  7. Sorry o enlace que leva ó futuro Instituto Castelao é este outro, non ten desperdicio ver como o grupiño de Señoritos Satisfeitos reclaman ‘o seu’ na vindeira Administración: dende os carghiños en Bruselas, pasando polo Clúster do Audiovisual, o sector Editorial…

    Eses sí que andan a buscar o seu… e non GNSV

    http://quin.tv/video/a-cultura-que-move-este-pais

  8. A ver Erasmiño, que andas algo despistado.
    Ferrín nunca dixo iso que dis no teu comentario, senón máis ben ao contrario. Non tes máis que ler nesta mesma páxina o artigo que escribiu con motivo da manifestación de GNSV do ano pasado en Compostela:
    http://galizanonsevende.org/?p=226
    Iso que dis ti non foron declaracións de Ferrín, senón do “noso nunca ben ponderado” Pachi Vázquez, xa adecuadamente contestadas no seu día desde aquí:
    http://galizanonsevende.org/?p=257

    Por outra banda, meu, estaría ben que revisaras o teu sitio web. Resulta que no espazo que adicas á manifestación de GNSV do pasado día 15, colocas unha fotiño moi bonita… da manifestación de Galicia Bilingüe!!!!
    Pódese ver aquí: http://vigo.cidadans.net/Erasmo/

  9. Está ben o delirio de pseudointelectuais do video de QuinTV. Dende as burradas do primeiro intervinte dicindo que Galiza, a diferenza de Euskadi e Catalunya, ten moita máis proxección internacional, ás intervencións do empresario Freixanes pedindo, en ton discurso incontinente e incomprensible, un cambio cualitativo na “sinerxia” capitalista que rodea ao mundo do libro.

    Impresionante é o descaro da xente que, pedindo para si, para o seu interese económico, o arrexunte cos intereses globais dicindo que son a mesma cousa, que é converxencia, que é un mesmo proxecto nacional. E impresionante é o baleiro ideolóxico que rodea á cúpula do BNG e da intelectualidade empresarial galega. Tal baleiro que fan que a política do BNG se equipare na súa totalidade a un resumo de ela mesma; a saber, os proxectos museísticos, a construcción nacional (selección nacional, biblioteca nacional, instituto castelao).

    A exaltación patriótica propia do BNG ha de rematar no mesmo confín ideolóxico que a exaltación patriótica española ou sionista. Os rasgos comúns son cada vez máis visibles, e a versión galega conta co favor dunha inmadurez nacional que fai en xeral a todo o mundo sen as ideas claras, máis proclive á demagoxia típica do discurso da dereita nacionalista. Observade o que di Quintana da unidade do proxecto, da necesidade de que sexa inquebrantable, da política de nación, onde o home e a muller xa non son obxecto directo da política, senón os entes abstractos como a nación, a identidade e o símbolo.

  10. Pepiño, ben sei que pode soar ‘raro’ pero sobre o tema da Sociedade Civil xa fixen o meu comentario o pé do artigo de Ferrín daquela.

    http://galizanonsevende.org/?p=226#comment-171

    En canto á foto da Manifestación de GB é mostra de que esa Sociedade Civil é Plural e non se deixa enganar polas mentiras e as promesas sen cumprir. Hai moitos que se venderon ás subvencións lingüísticas nesta Terra (non o esquezas).

    Ben sei que esta mestura pode resultar pouco comprensible para moitos, máis é a Liberdade e o Respecto pola Dignidade dos galegos e galegas a que fala nas rúas de Compostela. Eu estiven nas dúas e non me arrepinto de nada.

    Saúde.

  11. erasmo, as bandeiras espanholas da mani de GB si que eram plurais.

    isso si, ao final um senhor sacou umha galega para que se vise na foto, por aquelo da “igualdade”.

  12. Eu non vivo nas ‘bandeiras’ nin nunhas nin noutras… eu habito nunha Terra herdada dos devanceiros que teño a obriga de coidar e traspasar ás futuras xeracións cun mínimo de dignidade e -a poder ser- chea de VIDA!

    Á sombra das bandeiras só vexo morte !!!

    Eu non quero a paz dos cemiterios…
    quero un futuro para TODOS OS GALEGOS,
    se QUEREMOS, PODEMOS !!!

    TERRA VIVA E VIDA DIGNA PARA TODOS !!!

  13. Todos o vimos: os únicos que estiveron nas dúas manis foron os independentistas galegos e a policía española.

    Só un troll ou un policía pode pensar que é posible facer campaña electoral nesta web.

    Adiante Galiza Non Se Vende!

  14. Supoño que as voces criticas coma as do señor BEIRAS que apoia a causa do Courel de xeito manifesto (e cecais outras que descoñezo)habería que considerala tamén unha defensa individual. Cando impera a mediocridade política a crítica faise imposible e incluso perigrosa. Tamén desaparece a posibilidade da participación democrática. Que eu saiba os nosos representantes politicos non se reunen cos colectivos de cidadans pero si ca clase empresarial(¿será porque ahi atopan fondos para financiar campañas electorais ou porque lles fascina o brillo da oligarquia?). Todo politico que descoñeza o feito de que na actualidade os unicos deseños economicos con futuro son aqueles baseados na sustentabilidade medioambiental (verdes, ecolóxicos e protectores da biodiversidade) é, sinxelamente, un iñorante. Na miña opinión Galiza non se vende o único que fai e defender estes valores e berrarlles ben alto que o seu modelo de desenvolvemento industrial e non sostible o unico que fara e afundir mais a economia galega co cal seguiremos vivendo da “asistencia social” dos cartos que chegan dos programas europeos (mentras non corten o grifo).

  15. O pobo, o que se di pobo, non se sinte nación, nin falta que lle fai sentirse representado, xa está ben de trucos.
    Non vamos a disertar sobre nación e pobo, nin moito menos, pero a estas alturas de película crises do sistema global, as nacións, e mais a galega son un ancronismo total.
    Mentras o pobo por abaixo, que é un, falando distintas linguas, rosma pola ferida contra os de arriba : “per se move o mundo”
    ánimo y al ataque!

  16. Os do BNG levaron o seu bo repaso o 1 de marzo, a xente diuse conta de que esta tropa son uns mangantes que so queren vivir sen traballar

  17. E por certo non son nin do pp nin do psoe ainda que prefiro o caciquismo do pp a represión nacionalista, así que o quintana volva a Allariz a sachar nas patacas.

  18. Bueno don manuel,
    pero iso cóntello a súa señora

  19. Unha puntualización si se me permite a este artigo tan certero: os que seguimos (por puro amor á ornitoloxía) a traxectoria deste paxaro de especie ordinaria pero de gran presencia no noso ecosistema social, sabemos que garda ben poucas conviccións e que a súa percepción da realidade é particularmente egocéntrica. Noutras condicións Losada apreciaría un enorme potencial no movemento social de GNSV e se desfaría en eloxios sobre o compromiso, a dignidade, etc. Esa variabilidade faise extensible á sua puntual adscripción nacionalista, unha simple coiuntura sobrevenida polas perspectivas que atisbou da sua relación con Quintana,a quen une unha personalidade afín e unha estratexia común. Esto é o seu único vínculo co nacionalismo. Nada de conviccións e menos de ideoloxía subxacen a ese insuperable delirio frustrado tan ben diagnosticados polo autor do post.

  20. O delirio tremendo deste individuo chega a tal extremo que nunha das súas últimas análises (Galicia Hoxe, 2 de marzo) decía textualmente:”Quintana acabou pagando caras as consecuencias dunha campaña onde lle tocaron os ataques máis severos, pero na que a súa organización algo debeu de aprender do mal feito para afrontar os cambios que leva demasiado tempo aprazando”. En qué quedamos?, cambio aprazado ou incapacidade de moitos (os de qué hai do meu?)para apreciar os cambios? Incoherencia e incontinencia por parte dun analista político mercenario.

  21. Que pasa con este tipod e artigos nesta web antes das eleccións do 1 de marzo, pero como se permite que pasen estas cousas! Galiza non se vende é unha organización non partidista! por favor ide dar polo cu, a outro lado!

  22. Onte Beiras nos refrescaba a memoria http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idEdicion=1181&idNoticiaOpinion=403435
    Aquelas si que eran campañas suxas e ataques severos, contra él (o tolo)e contra todo militante da organización. De aquel tempo data o vocablo “bloqueiro”, creado para denigrar (= terroristas, queimamontes, etc). E daquela o Bloque non facía mais que medrar en votos. Que se pare Losada a pensar por qué será, será…

  23. DESDE LOGO , QUE FOI DAQUELO DE COMPEÑEIRO DE LOITA , DE CERTO NON MERECE A PENA NIN COMENTÁR
    O QUE DICES ,OPERATE DO COCO E SI TÁKL LOGO ME OPERO EU NON ERES MAIS CA OUTRO FACHA DISFRAZO DE NACIOANLISTA. GILOPOLLAS NON SODES MAIS CA UNHA PANADA DE ACOMODADOS ,FALADES DO PP E COXEADES DO MESMO PE .