Pages Navigation Menu

2º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

O próximo sábado dia 24 a caravana de Galiza Non Se Vende chega a Coruña cun novo concerto, no que actuaran os grupos: A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, Ulträqäns e Samesugas.

Terá lugar na Casa das Atochas, no bairro de Monte Alto ás 20:30

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE

Contra as polítcas ambientais e sociais deste goberno que estan arruinando o país, contra a destrucción da paisaxe, dos recursos naturais, do patrimonio cultural e da biodiversidade, o urbanismo caótico, as infraestruturas de transporte irracionais, as piscifactorías, os campos de golf, os portos deportivos, os encoros, os parques eólicos indiscriminados, os paseos marítimos e fluviais de formigón, os recheos e a contaminación das rias e ríos, os monocultivos de especies exóticas e invasoras, as empresas contaminantes, as canteiras e minas devastadoras, o nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos…

Por un cambio de rumo e por unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.

4 Comments

  1. Son de Pontedeume como o meu nome indica, e lín non hai moito tempo
    neste blogue
    que a Caravana de Galiza Non se Vende ía a parar en Pontedeume ¿cal é a data da celebración dese concerto? ou polo menos ¿cal é a data aproximada?.
    Unha aperta.

  2. A decisión de facer un concerto en Pontedeume depende de Fusquenlla, que é a organización eumesa que está na rede GNSV

  3. Como aviso en Twitter he localizado uno de los riesgos socioecológicos, los gaseros en Mugardos en un nuevo Mapa de agresiones socioambientales. que denuncia agresiones a poblaciones con deficientes gestiones industriales y ambientales. Aunque no pertenezco al Comité de Emerxencia, pienso que muchos otros puntos negros en Galicia deberían estar ahí. Tampoco conozco a los promotores del mapa social desarrollado y no comparto con ellos que se consideren estos atentados como casos de NIMBY. Un saludo

  4. Ali estaremos facendo barullo con vos pra que os politikeiros nos escoiten, e si non keren teñen ke tragar, ke tamen os aturamos nos!
    Noticia posta e linkada no me blog e un link a Galizanonsevende!
    Apertas!

    Anxo
    http://crisistema.blogspot.com/

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.