Pages Navigation Menu

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra atravesado pola Autovía A-76

 

 

Dende Valdeorras alertan do perigo que ameaza o Parque Natural da Serra da Lastra. A autovía que une Ponferrada con Ourense invadirá este espazo protexido. As alegacións para presentar ante sdo 4 de outubro pódense descargar aquí

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, en Valdeorras será atravesado pola Autovía A-76 que unirá Ponferrada e Ourense se non tratamos de evitalo. Dos trazados propostos inicialmente, o estudio informativo decántase por entrar por este Parque Natural cun túnel de 3,5 kilómetros e unha sucesión de viaductos e taludes que destrozarán o entorno e anularán a paisaxe.

No plantexamento inicial da autovía plantexábanse outros trazados posibles pola N-536 que atravesa a zona mineira da Ponte de Domingo Flórez e Carballeda de Valdeorras, pero foron rechazos a pesar das valoracións do impacto ambiental.

Actualmente o proxecto está en periodo de exposición pública para que os particulares presenten alegacións.
É preciso facer forza para que o Ministerio de Fomento reconsidere este trazado. Para iso podedes descargar aquí un modelo de alegación (en castelán e galego) breve que podedes presentar co voso nome e datos en calquera Concello con Portelo Único, que é algo así como un rexistro para calquer administración do Estado.

A alegación tamén pode presentarse por correo. Calquer oficina de Correos funciona como rexistro. Hai que meter a alegación nun sobre e dirixila a: DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO EN GALICIA, Concepción Arenal 1-1º, A Coruña. Para que o rexistro sexa válido coa data tedes que certificar a carta (custa un pouco máis, un euro e pico) e levar unha copia dunha das follas para vos poñan o sello coa data e que sexa válido para o rexistro.

Neste blog podedes descargar outros documentos quitados do estudio informativo. Tamén o boe onde se publicou, que detalla onde pode consultarse.

Axudade á Lastra enviando alegacións, o prazo remata
O territorio xa non lles pertence
O territorio é NOSO

One Comment

  1. Noraboa polo traballo que estades levando acabo e por facilitar tanta información. Pero unha dubida, até cando se poden entregar as alegacións?
    Eu coñezo bastante ben a Serra da Enciña da Lastra, pois traballei nela durante varios meses. Xa é unha lastima que o parque este rachado pola N-120, para canto máis que lle espeten agora esta coitelada.
    É unha paisaxe única que non se pode deixar estragar.
    Un saúdo.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.