A aprobación inicial das Directrices de Ordenación do Territorio incumpre a Lei 9/2006
Setembro 19th, 2008. Por Verdegaia en Denuncia, UrbanismoAnte a Publicación no DOG de 17 de setembro, do anuncio da aprobación inicial das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, Verdegaia denuncia o incumprimento dos trámites administrativos establecidos pola Lei 9/2006 por parte da ConsellarÃa de Ordenación Territorial e Obras Públicas (COTOP).Os trámites administrativos, establecidos na Lei 9/2006 de Avaliación Ambiental Estratéxica, que a COTOP está ignorando gravemente, con este anuncio son:
- O remate do perÃodo de consultas, que vence o dÃa 29 de setembro de 2008.
- A emisión dun Documento de Referencia, por parte da ConsellerÃa de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no que se integren as directrices ambientais e os criterios de sustentabilidade considerados pola devandita consellerÃa amais das aportacións emitidas polo público interesado e polas administracións afectadas.
- A redacción dun Informe de Sustentabilidade Ambiental por parte da COTOP, no que se xustifique debidamente a integración das directrices e criterios plantexados no Documento de Referencia, dentro das Directrices de Ordenación do Territorio.
- Un novo perÃodo de exposición pública, establecido nun mÃnimo de 45 dÃas, no que se recollan observacións e alegacións daquel público interesado e administracións afectadas.
- A emisión, por parte da ConsellarÃa de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, dunha Memoria Ambiental, na que se resuma todo o procedemento, a integración de criterios, as alegacións e consultas, etc, dando paso á aprobación inicial do Documento de Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia.
A vista deste conxunto de incumprimentos, Verdegaia esixe o cumprimento estricto da lei e o asumo de responsabilidades por parte daqueles axentes causantes desta falta.
Verdegaia considera este feito unha agresión ó dereito á información e a participación en materia ambiental na construcción das Directrices que marcarán as pautas da Ordenación do Territorio galego. Preguntas_de_verdegaia_sobre_a_aprobación_das_directrices