Ferrol 8 de xuño: Comunicado de Galiza Non Se Vende
Xuño 4th, 2008. Por Salvemos Monteferro en XeralComunicado de apoio á manifestación o dÃa 8 de xuño en Ferrol
A Rede GNSV expresa o seu apoio á manifestación convocada para o 8 de xuño polo Comité Cidadán de Emerxencia da RÃa de Ferrol e outros colectivos, para denunciar unha vez máis a ameaza que constitúe a presencia planta de REGANOSA para a seguridade das miles de persoas que viven na RÃa, o incumprimento da lexislación vixente que supón o seu funcionamento, coa imposibilidade engadida de chegar a cumprimentar os condicionados esixibles para a súa legalización.
A degradación da riqueza natural que xera e os prexuÃzos que isto provoca na economÃa global da comarca, destruÃndo postos de traballo do sector marisqueiro e obstruÃndo a posibilidade dunha economÃa propia e sostible.
Esiximos que se cancele o recente proxecto de voar a canle de entrada á RÃa pola destrución irremediable que iso producirÃa nos seus fondos mariños protexidos na rede Natura, nos bancos marisqueiros e no patrimonio histórico da comarca.
Demandamos tamén que non se autoricen as solicitudes de REGANOSA para aumentar a capacidade de regasificación da planta e se prohiba a circulación de camións cisterna con carga de GNL que incrementarÃan notoriamente o perigo para a poboación.
RGZNSV denuncia que o proceso de instalación da regasificadora na RÃa ten revelado unha realidade polÃtica ben pouco saudable e un funcionamento opaco da administración, que en todo momento antepuxo e segue a antepoñer intereses probadamente especulativos ás demandas da cidadanÃa, por riba incluso do cumprimento das leis.
Apoiamos tamén, unanimemente e sen fisuras, a loita contra ese Plano AcuÃcola inxusto e destrutor do noso litoral, asà como todas as loitas que defenden a riqueza natural, patrimonial e irrenunciable deste paÃs que non está a venda. Desde Teis ó Courel e desde A Garda a Ribadeo.
Moitas son as frontes e moitos os problemas. Mais debemos no futuro coordinar os nosos esforzos na búsqueda dese fin común, moi por riba de calquera outra consideración.
GALIZA NON SE VENDE