Fomento vai construÃr pasos subterráneos á entrada de Pontedeume, núcleo declarado Conxunto Histórico ArtÃstico
Abril 10th, 2008. Por Fusquenlla en Denuncia, Urbanismo, XeralOs veciños de Pontedeume veranse obrigados a acceder ao casco histórico, cada vez máis deteriorado, a través de pasos subterráneos. Fomento, promotor do proxecto, ignora a lexislación para poder levar a cabo as obras
Nun exemplo máis da pouca importancia que a Administración lle concede ao urbanismo, en Pontedeume vanse instalar pasos subterráneos para acceder ao casco histórico. Un conxunto declarado histórico artÃstico pola Xunta de Galiza non parece ser motivo suficiente para desaconsellar os pasos subterráneos que o Ministerio de Fomento e o propio Concello de Pontedeume van construÃr coa finalidade de facer máis fluÃdo o tráfico ao seu paso pola vila eumesa. Esta localidade vese atravesada pola estrada nacional 651 e ata hoxe os peóns deben cruzala con axuda de semáforos. Isto ocasiona en determinadas horas do dÃa un tráfico lento que orixina retencións moi mal levadas polos automobilistas. A solución dada pola administración consiste en “enterrar” aos transeuntes e obrigalos a adentrarse na zona monumental a través dos pasos subterráneos.
A idea dun urbanismo respectuoso cos dereitos cidadáns e co patrimonio cultural das nosas vilas exclúe a posibilidade de instarurar solucións anacrónicas que ningún paÃs desenvolvido ousarÃa acometer. O desinterese dos polÃticos pola inseguridade, a sucidade, os malos olores e a escuridade que soportarÃan os eumeses ao transitar por condutos infectos, demostra a pouca ou nula sensibilidade que teñen cos problemas que cada vez máis afectan aos veciños das vilas galegas. Fartos de soportar a urbanización desmesurada dos espazos públicos, agora temos que aturar as cavernas do progreso.
Mais non son estes os únicos argumentos que motivan o rexeitamento destas travesÃas inmundas. A lei obriga ao promotor do proxecto, Fomento neste caso, a sometelo a un estudo de impacto ambiental e a unha exposición pública por un perÃodo de trinta dÃas, unha obriga que o Ministerio non parece disposto a acatar. Ademais tendo en conta o lugar sobre o que se van realizar as obras, no que non se desbota a posibilidade de atopar restos arqueolóxicos, procede ter unha autorización de Patrimonio.
Paradoxalmente son os poderes públicos os que conculcan a lei que eles mesmos promulgan. DifÃcil convencer á cidaddanÃa que o Estado vela polos dereitos dos veciños e pola salvagarda do noso patrimonio. Son demasiados casos nos que o que se impón é o libre albedrÃo á hora de acometer obras nas que só prima o interese polÃtico ou, noutros casos, o beneficio das grandes empresas.
2 Respostas a “Fomento vai construÃr pasos subterráneos á entrada de Pontedeume, núcleo declarado Conxunto Histórico ArtÃstico”
Por Paco on Abr 13, 2008
Moitos séculos despois da aparición das catacumbas, estas son motivo de peregrinación e visitas turÃsticas. Unha fonte de ingresos para as vilas nas que están asentadas estas antigas construcións cristianas. Como se sabe foron os discÃpulos de Cristo os que idearon estas grandes necrópoles que levou a algúns a bautizalas como a Roma Suberránea. Pero no só serviron como cemiterios; nun tempo foron lugar de refuxio ante a persecución que se decretou polos romanos. En suma, lugares de dor e medo.
Pero o tempo muda e con el os valores. O que antaño era sufrimento, hoxe é rentabilidade. Esa é a perspectiva coa que deberiamos mirar os pasos subterráneos que o Concello de Pontedeume quere construÃr para enterrar aos eumeses. Hoxe crean desconfianza aos curtos de miras, a aqueles que non saben ver o futuro máis aló do mañá. Os descendentes destes vilanchos reaccios ao progreso non lles perdoarán a súa oposición aos pasos subterráneos. As novas catacumbas do século XXI que traerán a Pontedeume a gloria dun pasado mal comprendido.