Os lagos de As Pontes e Meirama, unha realidade oculta
Xaneiro 3rd, 2008. Por Fusquenlla en Denuncia, Medio ambiente, MinerÃa, Xeral
Endesa tiña previsto comezar este mes o trasvase de auga do rÃo Eume para encher o oco deixado pola mina que a empresa abrÃu para abastecer de lignito a central máis contaminante de España. A lei obriga a Endesa a restaurar o terreo que foi destruÃdo pola acción da extracción do mineral, unha depredación que levou por diante unha extensión superior á da cidade d’A Coruña, e na que se asentaban ata 60 núcleos de poboación rural. Ademais o impacto ambiental foi tremendo xa que desapareceron cursos fluviais, o hábitat foi alterado e a paisaxe foi brutalmente modificada. Para acometer a restauración da zona afectada, a empresa optou polla solución máis económica e tamén máis lesiva dende o punto de vista medioambiental. En lugar de proceder a un recheo a base de sólidos, rexenerando o lugar con novos cultivos, Endesa, ávida de conseguir os maiores beneficios co mÃnimo gasto, decidÃu apostar pola creación dun gran lago artificial a semellanza de outros creados na antiga Alemaña do leste. Este lago de 1150 hectáreas de superficie será abastecido polo caudal do rÃo Eume, a arteria principal do único bosque atlántico da penÃnsula, o Parque Natural das Fragas do Eume. Tanto a empresa como a ConsellarÃa de Medio Ambiente insisten en que o caudal do Eume se manterá nos mÃnimos precisos para non alterar o equilibrio ecolóxico das fragas. A operación de trasavase non durará menos de catro anos e ao remate se disfrutará dunha praia artificial, unha illa ornitolóxica e un peirao para embarcacións deportivas, asà como dun campo de golf.
Porén, as consecuencias sobre o hábitat poden ser catastróficas. A Sociedade Galega de Historia Natural foi a primeira en alertar das posibeis consecuencias que este lago poderÃa acarrear ao entorno no que se asentarÃa. Cuestionando a promesa empresarial de conservar un caudal adecuado para o rÃo Eume, as repercusións que traerÃan sobre este rÃo son innumerabeis. A posÃbel filtración aos acuÃferos que verten ao Eume poderÃa contaminar este rÃo que nutre a unha gran hábitat de calidade inconmensurábel como son as Fragas do Eume e aos bancos marisqueiros que se atopan na súa desembocadura na vila de Pontedeume. Tamén as augas que encherán o lago sufrirán unha maior acidificación o que ocasionará a desaparición de moitas especies de vertebrados, sen contar coa previsÃbel toxicidade.
Estes efectos perversos da enchedura do oco da mina non foron tidos en conta no informe que Endesa presentou á ConsellarÃa de Medio Ambiente, un informe parcial elaborado por Felipe MacÃas, catedrático de EdafoloxÃa da Universidade de Santiago. Este estudo sirve descaradamente os intereses empresariais da compañÃa enerxética e obvia os terribeis efectos dunha actuación que pretende ser única no territorio nacional, xunto
coa idéntica que Fenosa vai implantar en Meirama, lugar onde se atopa outro oco, doutra mina, doutra central que tamén se distingue polo seu alto Ãndice contaminante. A SGHN, Verdegaia e Fusquenlla dirixiron recentemente un escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente no que piden un informe independente sobre os efectos do enchido da mina de As Pontes. Estas entidades ecoloxistas exixen á ConsellarÃa unha investigación obxectiva, realizada por técnicos cualificados e alleos ao entramado empresarial, co obxecto de dilucidar todos os posibeis efectos que poden acompañar a creación deste lago artificial. As detraccións de auga do rÃo Eume causarÃan un grave prexuizo ambiental que serÃa irreversÃbel, danando un enclave digno de atención e orgullo da comunidade cientÃfica como son as Fragas do Eume. Para agravar máis o problema temos a escaseza de auga que sofre o noso paÃs nos últimos meses e que dificilmente vai ter unha solución rápida. Se ben é certo que ante esta posibilidade a ConsellarÃa de Medio Ambiente desestimou iniciar o trasvase de auga este mes, tamén é certo que isto só representa unha moratoria que non garantirÃa unha solución racional ao problema.
Compre sinalar que, nunha demostración máis da polÃtica contradictoria que a Xunta leva en cuestións medioambientais, esta acaba de asignar un importante orzamento á restauración das zonas de captación de fontes e mananciais en parques naturais, tendo en conta a importancia que estes teñen para o hábitat e ecosistemas. Entre estes parques, como non, o das Fragas do Eume: “A esta primeira baterÃa de actuacións, que se levarán a cabo pola vÃa de emerxencia para garantir a súa execución inmediata, se sumarán as que a ConsellerÃa de Medio Ambiente porá en marcha a medio prazo e que pretenden solucionar de xeito estrutural problemas de abastecemento en grandes núcleos de poboación de Galicia. Esta segunda parte do plan contra a seca está agora mesmo en fase de elaboración e serán presentadas a mediados do próximo mes de xaneiro.”
4 Respostas a “Os lagos de As Pontes e Meirama, unha realidade oculta”
Por jose on Xan 4, 2008
A todo isto o que hai que añadir e que o concello tenta por todos os medios atraer a instalacion dunha papeliera. As necesidades de auga tanto para a central vella como a nova e logo a papeleira acabarÃan por esgotar o rio.
Por Mariano Grueiro on Xan 9, 2008
A maldición dos nosos antergos caerá sobre os que non están a respetalos.
Que, xxxxxxxx , gran cidadan das Pontes ¿pasábalo ben por Madri a altura de Gran Via esquina calle del barco? ¿Gustouche gastar os cartiños de Endesa indote de chicas? A ver se cres que por ser da Faeira non coñecemos camiño nen carreiro.
Omito nome por non meter en problemas os de Amigus, que xa bastante fan con mante-la páxina. E omito dicir o que se fai na rua do barquiño por non ferir a sua santa muller (que estalle ben por gastar sua parte no Roberto Verino de Compostela)
A ver se un dia o nacho este concédeme o privilexio de coñecer os palistas que amañaron o seixo da Mourela
E agora queren rematar de amañalo inundando todo.
Que a terra os maldiga