Fomento, un ministerio reincidente
Xuño 13th, 2010. Por Fusquenlla en XeralPor segunda vez o Ministerio de Fomento actúa á marxe da legalidade ao construÃr as rotondas sen contar cos permisos de Patrimonio
Hai dous anos o ministerio iniciou as obras de construción de dúas rotondas, con pasos subterráneos incluÃdos, á entrada do casco histórico da vila de Pontedeume. Como recolle a Lei de Patrimonio Cultural de Galiza calquer obra que afecte a un ámbito declarado patrimonial este debe contar cos informes favorables da ConsellarÃa de Cultura, mais o Ministerio de Fomento soslaiou este detalle. Daquela, o noso colectivo deu conta á Dirección Xeral de Patrimonio da ilegalidade que se estaba a cometer e propiciou que se decretase a paralización das obras.
Posteriormente, unha vez que Fomento presentou a documentación ante Patrimonio, o Comité Asesor do Camiño de Santiago resolveu con data 29-07-2008 desestimar as obras proxe
ctadas ao borde da ponte da N-651 sobre a rÃa de Ares por localizarse dentro do ámbito declarado Conxunto Histórico ArtÃstico e Paraxe Pintoresca da Comarca Eumesa, e que pasou a ter consideración de Ben de Interese Cultural. Estando a escasos metros da ponte de Andrade, pola que discurre o Camiño de Santiago, a rotonda que inclúe pasos subtarráneos, non resulta unha proposta coherente co entorno, segundo se recollÃa nas actas da xuntanza mencionada.Con relación á segunda das rotondas, situada na intersección co AC-144, non se se atopaba inconveniente para a súa execución se ben esixÃase adoptar as medidas necesarias para garantir a conservación dunha árbore senlleira situada nas proximidades.
A dÃa de hoxe, dous anos despois de paralizadas as obras mencionadas, o Ministerio de Fomento reanudou os traballos de construción das dúas rotondas. E unha vez máis sen contar coa necesaria autorización da Dirección Xeral de Patrimonio que aÃnda non se pronunciou sobre o novo proxecto presentado polo organismo estatal.
As obras estanse a realizar sen tomar as medidas necesarias para preservar o patrimonio arquitectónico, en concreto as dúas figuras, un oso e un xabarÃn, que forman parte do legado da Casa dos Andrade. Como tampouco se realiza un control arqueolóxico dos movementos de terra como corresponde a un entorno de constantes achados desa natureza.
Ademais o teixo senlleiro cuxa conservación era exixida pola Dirección Xeral de Patrimonio foi seriamente danado polos responsables das obras. Unha poda brutal, a extirpación das súas raÃces e a construcion dun muro de canterÃa e cemento a escasos centÃmetros do tronco, deterioraron a saúde desta árbore, quizais dun xeito irreversÃbel.
Por todo o anterior, Fusquenlla entregou un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio da ConsellarÃa de Cultura e ao alcalde de Pontedeume para que se proceda a paralizar as obras realizadas polo Ministerio de Fomento en tanto non se garanta a preservación do patrimonio cultural e arquitectónico da vila eumesa, amais de exixir un escrupuloso respecto pola legalidade vixente.
Máis información en La Opinión