MANIFESTACIÓN CONTRA O PLANO VIGO ÍNTEGRA

Novembro 18th, 2008. Escrito por Bouzas móvete en Urbanismo, Xeral | Sen comentarios »

Vigo. 30 colectivos, convocan unha manifestación contra o Plano Vigo Íntegra co lema “O asfalto non é progreso”, para o domingo 30 de Novembro ás 12, que sairá desde a Praza dos Cabalos e rematará na Porta do Sol.

Cartaz da manifestación contra o Plano Vigo Íntegra O ASFALTO NON É PROGRESO

10 RAZÓNS PARA DICIR NON AO PLAN VIGO ÍNTEGRA

1.- Está baseado nun modelo obsoleto de transporte e mobilidade, esquecendo totalmente o transporte público, estimulando a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación (atmosférica e acústica) e incrementando o consumo de petróleo

2.- As vías de alta capacidade provocan un enorme e irreversible impacto ambiental (erosión do solo, fragmentación do territorio, recheo de vales e leitos fluviais, perda de masa forestal e de biodiversidade, ocupación de solo rústico, etc.) e a destrución do patrimonio cultural e arqueolóxico. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Verdegaia Presenta alegacións ó procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica das DOT

Novembro 18th, 2008. Escrito por Verdegaia en Xeral | Sen comentarios »

O pasado día 17 de novembro, verdegaia remitiu ás Consellerías de Política Territorial, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable e Presidencia, ás alegacións ó procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica das Directrices de ordenación do Territorio de Galicia nas que solicita a retirada do documento por incumplira a lei 9/2006 de Avalaición Ambiental Estratéxica Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Fotos dos peches desta mañán

Novembro 13th, 2008. Escrito por Verdegaia en Xeral | Sen comentarios »

Fotos dalgúns dos peches desta mañán Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

GNSV ocupa edificios públicos para denunciar a catástrofe medioambiental que ameaza o territorio galego

Novembro 13th, 2008. Escrito por admin en Denuncia, Xeral | 4 comentarios »

Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo “Prestige” que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos das principais cidades e vilas galegas.

Baixo o lema “Goberne quen goberne. Galiza non se vende” os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galiza perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais,  enerxéticas, territoriais, relacionais… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

 

 

Relación de edificios ocupados:

- Ferrol: Edificio do Concello.
- Mugardos - Edificio do Concello.
- Vigo: Edificios Administrativos da Xunta. r/ Concepción Arenal.
- Compostela. Consellería de Medio Ambiente.
- A Coruña. Edificio Administrativo da Xunta en Monels.
- Ribadavia. Concello de Rivadavia.


Manifesto dirixido á cidadanía galega

Hai seis anos un barco-lixo carregado de fuel-lixo viaxaba de Europa a África. Un accidente fronte às costas galegas foi transformado en catástrofe por gobernantes incapaces e autoritarios, agachados tras a propaganda e a mentira. A cidadanía saíu á rúa como nunca antes fixera. Non se podía repetir esa destrución ambiental. Non se podía repetir esa forma de gobernar. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

O ecoloxismo inventado pola Xunta de Galiza

Novembro 7th, 2008. Escrito por admin en Xeral | 5 comentarios »

Despois dos quebradeiros de cabeza que as organizaciòns ecoloxistas ocasionaron aos responsabeis da Xunta, esta decide crear o seu propio movemento e dotalo con máis de medio millón de euros. Para Pachi Vázquez non hai nada imposíbel, mesmo a modificacioón de decretos.

Unha federación ecoloxista recentemente creada leva a metade das axudas. A Fegama recibe 610.000 euros porque Medio Ambiente cambiou o concurso. Chámase Federación Galega de Medio Ambiente (Fegama), naceu en novembro de 2007 e xa recibe a metade dos preto de 1,2 millóns de euros de subvencións que reparte a Consellería de Medio Ambiente para 2008 e 2009. A organización, que se desmarca do “ecoloxismo fundamentalista”, agrupa a 30 asociacións locais de toda Galicia e conta entre as súas filas con persoas vinculadas a Unións Agrarias, o sindicato agrario de UXT. A Fegama puido solicitar as axudas porque a consellería cambiou os requisitos da anterior convocatoria, publicada en 2007. Entón primaba a antigüidade das agrupacións e a súa actividade durante os últimos dous anos, uns criterios que o departamento do socialista Manuel Vázquez retirou. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Fragas do Eume, Parque ¿Natural?

Novembro 5th, 2008. Escrito por Fusquenlla en Xeral | Sen comentarios »

O futuro das Fragas do Eume parece cada vez máis precario e incerto. O “último” bosque autóctono de Galicia, a mellor representación europea do bosque atlántico, sofre as devastadoras agresións dunha contorna industrializada que contamina todo o que atopa ao seu paso.

 A vella selva europea, outrora venerada, ten hoxe aquí un último reduto de tamaño reducido pero de vitalidade e fermosura ilimitadas. Neste espazo conviven máis de vinte especies arbóreas entre as que atopamos espléndidas carballeiras e castiñeiras, bidueiros, ameneiros, freixos, abeleiras, acivros, teixos, érbedos, chopos, arces, aciñeiras, ulmeiros. Un verdadeiro paraíso capaz de albergar un sen fin de seres vivos, constituíndo a máis importante reserva de biodiversidade de toda unha rexión arrasada polas maldicións do lume e o eucalipto, a industria e o desenvolvemento salvaxe. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

ÁREA METROPOLITANA DE VIGO NON ¡¡

Novembro 3rd, 2008. Escrito por Luita verde en Xeral | 1 comentario »

Luita Verde en relación coa área metropolitana de Vigo, expón públicamente:

1) A área metropolitana de Vigo non foi consultada coa poboación en xeral.

2)Centraliza o urbanismo, servizos e o transporte cara a unha cidade, que promove especulativamente 140.000 vivendas novas, cando hai na actualidade máis de 20.000 valeiras, non se axusta co seu crecemento demográfico das últimas décadas e propón obras faraónicas moi custosas (macrohospital, macrodepuradora, macroporto, etc.), que supoñen un enorme impacto ambiental e hipotecan as inversións no resto da propia cidade e na área de influencia (O Rosal, Baixo Miño, Condado-Paradanta, Val Miñor, A Louriña, Redondela, O Morrazo e a área de Pontevedra) en materia social, de servizos e de infraestruturas. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Un rodaballo quente en Corrubedo

Outubro 30th, 2008. Escrito por Plataforma Medioambiental de Corrubedo en Litoral | 1 comentario »

308.000 metros cadrados de cinismo político. A imposición do controvertido Plano de Acuicultura de Galiza como Plano de Goberno por parte do bipartito, muda en Corrubedo nun proxecto tripartito grazas ao apoio indirecto, pero moi efectivo, do Partido Popular á destrución da Laxe Brava. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

As mentiras do oso

Outubro 29th, 2008. Escrito por SOS Courel en Xeral | Sen comentarios »

Despois do atropelo dun oso pardo en Trabadelo (León) e como fai pouco outro exemplar foi abatido a tiros, tamén nas proximidades; queremos aclarar:

1.- Trabadelo atópase na ribeira do río Valcárcere, liña divisoria entre as serras do Courel e Ancares, pertencentes ambas a Cordilleira Cantábrica. O oso pardo estase a recuperar gracias aos fondos europeos que xestionan  a Fundación Oso Pardo e varios concellos asturianos, entre eles o de Somiedo. O aumento do nº de exemplares fai que a súa presencia na Serra do Courel sexa habitual, detectándose no 2008 a presencia de exemplares diferentes en Trabazas do Cebreiro e en Ferreirós de Arriba. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Xornadas R de Redución en Compostela

Outubro 28th, 2008. Escrito por Federación ecoloxista galega en Xeral | Sen comentarios »

R de reduciónLogo de varias décadas de actividade do movemento ecoloxista, todo o mundo, desde o alcalde de turno ao mesmo presidente da incineradora SOGAMA, pasando por conselleiros ou directivos de empresas, saben que falar dos 3 R (Redución, Reutilización e Reciclaxe), é “políticamente correcto”. Aliás, até o plan de residuos que supuxo implantar a incineración no noso país, ou o propio Plan de Residuos que se está a elaborar arestora, marcan como unha das primeiras prioridades a redución dos residuos. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Denunciamos ante a Fiscalía o exceso de metais pesados no Eume

Outubro 26th, 2008. Escrito por Fusquenlla en Xeral | Sen comentarios »

O recente descubrimento de metais pesados nas augas do río Eume e afluentes motivou unha nova denuncia das organizacións ecoloxistas ante a Fiscalía do TSXG. Representantes de Adega e Fusquenlla presentaron ao fiscal as probas do achado na composición das augas: uranio, aluminio, arsénico, manganeso, chumbo e cromo. Todos estas substancias en cantidades moi superiores ás consideradas normais polos organismos internacionais. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Marín non necesita un centro comercial na Brea.

Outubro 25th, 2008. Escrito por Colectivo Nacionalista de Marín en Xeral | Sen comentarios »

A filtración desde o goberno municipal das negociacións para instalar un centro comercial na Brea son, de ser certo, un intento de poñer á opinión pública contras os veciños que se opoñen a esta zona industrial. Fanse, ademais, cando se publica o proxecto de orzamentos da Xunta que un ano máis non teñen en consideración a Marín e só presentan a xa eterna partida para o auditorio. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Nota de prensa da Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel

Outubro 25th, 2008. Escrito por SOS Courel en Xeral | Sen comentarios »

A vista das manifestacións do Fiscal Xefe do TSX de Galicia, das que se fixeron eco os medios de comunicación, sobre a falta de sensibilidade da cidadanía a hora de denunciar atentados contra o Patrimonio Cultural da Galiza, esta asociación quere facer as seguintes manifestacións:

 1.- Mandaremos á Fiscalía da Coruña un inventario dos atentados  do Courel, por que estamos totalmente de acordo co Sr Fiscal  na escaseza de  denuncias, tendo en conta que son as propias Administracións, non só as que non denuncian, se non que son as primeiras en esnaquizar o Patrimonio Cultural impunemente, isto alomenos é o que se ve no caso desta Serra, de xeito flagrante, por parte de moitas Institucións Administrativas. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Verdegaia rexeita a construción do novo edificio de salvamento e da escola de surf en Doniños

Outubro 23rd, 2008. Escrito por Verdegaia en Xeral | Sen comentarios »

Denuncia a utilización de falsos argumentos por parte dos promotores do proxecto, con respecto ao estado de conservación das dunas, para xustificar a construción do novo edificio. Demanda a redación dun novo proxecto que respecte íntegramente o espazo dunar. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

O proxecto do polígono industrial do Barbanza: manual práctico de como non se deben facer as cousas

Outubro 23rd, 2008. Escrito por Verdegaia en Xeral | 3 comentarios »

Verdegaia ven de presentar, diante da Consellería de Vivenda e Solo, alegacións ao Proxecto Sectorial do Parque Empresarial da Barbanza; solicitando a súa retirada polas graves carencias que presenta. Estas fan referencia á depuración das augas, ao seu subministro, á afectación e impermeabilización das concas naturais, á afectación da paisaxe e a contorna natural, e á falta de medidas preventivas da contaminación. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...