OURENSE 4º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

Febreiro 7th, 2010. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | Sen comentarios »

Caravana de GNSVOURENSE:
Xoves 11 de Febreiro, no entroido ourensán, ás 21:30 no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor).

Actuarán:

* Sotazero Rumba catalá-Barcelona
* Selectah in helicopta Sistema de son-Vigo
* García MC DKTC+Gendbeat Ragga/Beatbox
* +Sorpresa!!

Colaboración 3 Euros

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.
A privatización e venta do que sempre foi noso, a nosa costa, as nosas rías, o noso vento, os nosos montes, os nosos ríos… supón depredar o territorio físico común para mercantilizalo en proveito duns poucos. Os beneficios son para as grandes empresas, para os grandes capitais, pero os seus custes externalízanse socialmente, e supoñen a destrución dunha natureza privilexiada, do medio ambiente, da paisaxe, e do noso tecido económico e social. Estes custes pagámolos todas e todos nós.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

Comentar esta nova...

PONTEDEUME 3º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

Febreiro 2nd, 2010. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | Sen comentarios »

 Galiza Non Se VendeSábado 6 de Febreiro ás 21:00 no Centro Social Ocupado “A Casa da Estación”
Actuarán:

 * Inllorfeis HardCore/ Punk desde Corrubedo
* Los Krasta Punk desde Ribeira

Colaboración : 2 euros

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A clase política é culpabel da catástrofe ambiental que sofre a nosa terra. Uns e outros, todos eles, préganse como nunca á avaricia dos grandes intereses económicos que subvencionan aos seus partidos. Por iso, coa voz dos seus amos, pretenden enganarnos con palabras como progreso, desenvolvemento, crecemento… engadindo sempre, como unha xaculatoria hipócrita, a palabra “sostibel”. En realidade o crecemento é só para aqueles que lles pagan. Os recursos de Galiza (e os do planeta) son limitados, e esta carreira de depredación e espolio é un camiño que non leva a ningures. Ou que leva só a hipotecar o futuro dos nosos fillos e a deixar miseria como herdanza ás próximas xeracións.

É hora de pararlles os pés a esta panda de corruptos

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

Comentar esta nova...

O PORRIÑO 2º Parada da II Caravana reivindicativa de GNSV

Xaneiro 30th, 2010. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | Sen comentarios »

O Porriño:

Sábado 6 de Febreiro ás 23:00 na Sala Liceum
Actuarán:

* Malandromeda Hip Hop desde Compostela
* Gendbeat Beat Box desde Cerceda
* DJ Tuchi Hip Hop de O Porriño
* DJ Digro Hip Hop de O Porriño

Colaboración 3 Euros

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A venta do noso vento, da nosa costa, das nosas rias, do Courel, supón depredar o territorio fisico común para mercantilizalo en beneficio duns poucos. Privatizando beneficios e socializando os costes. O benestar colectivo non debe basearse na explotación nin das persoas nin da terra que habitamos. Este modelo caduco levounos a esta crise que todos padecemos. Galiza Non se Vende pretende porlle freo a esta locomotora que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

Comentar esta nova...

1º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

Xaneiro 25th, 2010. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | Sen comentarios »

Galiza Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e actividades por cidades e vilas galegas. O primeiro concerto, o de presentación da Caravana, será en Vigo, o Sábado 30 de Xaneiro ás 22:30 na Sala Farándula (Prza. de Portugal).

Actuarán:

  • Labregos do tempo dos sputniks (García MC (DKTC) máis Leo i Arremecághona)
  • Abobriga (Música tradicional / contemporánea)
  • Assircópatas (Teatro e circo)

Colaboración 2 Euros

Esta Caravana rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación nacional en Compostela en defensa do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos… e os recursos naturais todos). Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada.

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende
Terra viva e vida digna para tod*s

Comentar esta nova...

21 de xaneiro de 2010: A lingua non se vende

Xaneiro 23rd, 2010. Escrito por Salvemos Monteferro en Xeral | Sen comentarios »

“Defendemos a Terra e, polo tanto, a biodiversidade. Polo mesmo, defendemos a diversidade cultural que permitiu ao ser humano adaptarse á biosfera e, polo tanto, defendemos a nosa cultura e a nosa lingua.

 

Terra, cultura e lingua van da man. Destruír a nosa terra é destruír a nosa cultura, ao facer desaparecer o seu soporte material. Destruír a nosa terra é destruír a nosa lingua, ao facer desaparecer os lugares que nomea, as actividades que describe, a memoria que ela garda e lembra. Destruír a nosa lingua é deixar á nosa terra orfa de nomes, valeira de significado, carente de memoria cultural, desprotexida.”

 

(Do manifesto de Galiza Non se Vende en defensa da lingua)

Comentar esta nova...

Retómase o proxecto da mina de andalucita en Pico Vello

Xaneiro 17th, 2010. Escrito por Fusquenlla en Xeral | Sen comentarios »

O delegado territorial de medio Ambiente anunciou que o proxecto da mina de andalucita foi retomado pola empresa Picobello Andalucita de capital sudafricano.

O Pico Vello, é un lugar da parroquia de Goente, no concello das Pontes, colindante coas Fragas do Eume, onde unha empresa mineira de capital anglo-sudafricano co nome Picobello Andalucita SL, pretende a explotación, durante 54 anos, dun xacemento de andalucita que está no subsolo da zona. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

MANIFESTO DE GNSV EN DEFENSA DA LINGUA

Xaneiro 15th, 2010. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | 5 comentarios »

Galiza non se vendeGOBERNE QUEN GOBERNE, A LINGUA NON SE VENDE

Dende Galiza Non Se Vende queremos manifestar a nosa total oposición ao decreto do galego no ensino do PP, pois constitúe un atentado á lingua galega e, polo tanto, un atentado á cultura e á identidade de Galicia.

Non podemos admitir un decreto que pretende lexitimar o abandono da lingua polos poderes públicos e interromper a súa transmisión interxeracional. Non podemos consentir que se menoscabe o dereito dos galegofalantes a usar, conservar e transmitir a lingua propia como legado, e que se impida a normalización do seu uso polo resto da poboación. Non podemos tolerar que a miseria intelectual, a inconsciencia e a insensibilidade dos que se avergoñan de seren galegos sirvan como xustificación espuria dunha pretendida liberdade para destruir unha lingua que é o noso máis prezado patrimonio cultural e un valioso patrimonio da humanidade.

O decreto que nos ocupa, igual que outras disposicións legais, que non lexítimas, revela o absoluto descoñecemento da realidade do noso país, e o desprezo da nosa cultura, por parte de quen nos goberna.

A incesante presión socio-político-económica sobre a nosa terra ao longo da historia colocou a nosa lingua nunha posición de desvantaxe que pode provocar a súa desaparición, e que é preciso neutralizar con medidas de protección eficaces. Pero ningún dos gobernos que sufrimos tivo nunca unha intención clara de facer do galego a lingua vehicular do ensino, único camiño viable para a súa normalización. Non recoñecer este feito, e adoptar unha postura contraria, converte ao goberno da Xunta en promotor da desaparición da lingua galega. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

NOTA DE PRENSA DE “A RIA NON SE VENDE” SOBRE AS DECLARACIONS DOS VOGAIS DO CONSELLO DE ADMON. DO PORTO DE VIGO

Xaneiro 13th, 2010. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | Sen comentarios »

Mafia portuariaDesde a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” consideramos lamentábel a campaña contra o auto de paralización das obras do Areal. Esta campaña, orquestrada pola Autoridade Portuaria de Vigo e apoiada polos mesmos empresarios que forman parte do seu Consello de Administración, intenta presionar para que a xuíza levante a paralización das obras, saltándose toda a legalidade vixente co único argumento de que “prexudica os intereses de Vigo” cando o que prexudica realmente son os seus propios intereses. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

NOTA DE PRENSA DE “A RIA NON SE VENDE” SOBRE A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO AREAL

Xaneiro 9th, 2010. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | 3 comentarios »

Recheo no Areal, VigoOs colectivos que formamos a a rede “A Ría Non Se Vende” valoramos moi positivamente o Auto da Xuiza que paraliza as obras de ampliación do porto, mediante recheos, no Areal.

Como viñamos sostendo desde a rede, estas obras precisan de estudo de impacto ambiental, segundo a lexislación vixente, que entrou en vigor no 2008, en concreto, o “Real Decreto Lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avalación de Impacto Ambiental de Proxectos”.

Asimesmo, esiximos que se cumpran as estipulacións do “Real Decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a producción e xestión dos residuos de construcción e demolición”.

O recheo do Areal é unha obra, que está provocando un grave atentado ambiental, ao poñer en suspensión e disolución muitas partículas contaminantes almacenadas, durante décadas, nos fondos lamacentos da zona, unha das máis contaminadas da ría. Entre estos contaminantes hai metais pesados (cobre, mercurio, chumbo, zinco…), hidrocarburos aromáticos policíclicos e benifenilos policlorados, entre outros. Estes compostos son moi persistentes e de difícil degradación natural, teñen un elevado potencial canceríxeno e capacidade de bioacumulación nos seres vivos, polo que representan un grave perigo, se se poñen en suspensión, tanto para a fauna e flora de todo o medio mariño como para os consumidores dos produtos da Ría, xa que poden introducirse na cadea alimentaria.

Estamos totalmente de acordo en que se impute á directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente por dictar una resolución sen atender la lexislación vixente en materia de avaliación ambiental, o que de feito constitúe un delito de prevaricación. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Outro sistema é posible: a banca ética

Xaneiro 3rd, 2010. Escrito por Coordinadora de crentes galeg@s en Xeral | 3 comentarios »

DOCUMENTO DA PAZ 2009 DA COORDINADORA DE CRENTES GALEGAS E GALEGOS

O amo loou a aquel administrador inxusto pola astucia con que actuara, pois os fillos deste mundo son máis astutos entre si que os fillos da luz. Por iso eu avísovos: facede o ben coas riquezas inxustas, para que cando vos falten vos acollan nas moradas eternas. (Lc 16,8-9).

Iniciamos o DOCUMENTO DA PAZ 2009 con este anaquiño do evanxeo, a xeito de enmarque. .
Ao remate do ano (dende hai máis de vinte) os grupos e comunidades que formamos a COORDINADORA DE CRENTES GALEGAS E GALEGOS escribimos e compartimos algunha reflexión cuxo tema non ven tirado ao chou, do sombreiro, senón que se refire a algo que nos ten acompañado nos últimos meses. O ano pasado foi o DECRECEMENTO , ao que lle dimos voltas na Asemblea anual do pasado mes de abril. Nela, deuse paso ao compromiso de axudar a impulsar, xuntamente con diferentes persoas e movementos sociais, este aspecto da utopía posible que é a BANCA ÉTICA. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

MANIFESTO DA REDE GNSV ANTE A REPRESIÓN EN COPENHAGA

Xaneiro 2nd, 2010. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | 1 comentario »

O pasado 18 de decembro rematou en Copenhaga un cumio que, organizado pola ONU e baixo o nome de COP15, reuniu a representantes de gobernos de todo o planeta para tratar o fundamental tema da mudanza climática.

Previamente a celebración da reunión COP15, o goberno danés deseñou e aprovou de urxencia unhas medidas de excepción absolutamente ao marxen dos dereitos civís e das liberdades democráticas que calquera estado europeu dí garantir. Medidas de excepción que, entre outras, incluan a suspensión do tratado Schengen (que permite a libre circulación de cidadáns e cidadás da UE polas fronteiras dos estados membros) e a detención preventiva como incrible medida que permitiría a detención masiva de persoas, sin orde xudicial nin maior indicio policial que a subxetiva interpretación de que a persoa en cuestión podería ser nun futuro susceptible de cometer algún tipo de infracción da legalidade.

Ao fio deste COP15 decenas de miles de persoas chegadas de multiples partes da xeografía global, estiveron presentes en Copenhaga para compoñer un mapa de propostas, accións e movilizacións cidadás que dende redes de movementos sociais, ONG´s, agrupacións, entidades, colectivos e individuos particulares ofreceron un plano alternativo, plural, autónomo e participativo co que afrontar o crucial momento climático no que o planeta está a entrar.

Ante as accións e movilizacións cidadás, o goberno danés como brazo executor, respostou simple e tristemente con Violencia e Represión. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

FESTA FIN DE ANO, SOLIDARIA CON “A RÍA NON SE VENDE”, EN VIGO

Decembro 24th, 2009. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | Sen comentarios »

Desde “A Ria Non Se Vende” queremos convidar-vos à festa que estamos a organiçar no Centro Social “A cova dos Ratos”, na rúa Romil nº 3, o dia 31 a partires das 12 da noite, com entrada de balde e os preços de sempre.

Umha festa de fim de ano e bem vida do ano novo, um ano que se presenta escuro para a Ría de Vigo, com muitos projectos de destrucçom do litoral como recheos, portos deportivos, umha macrodepuradora que nom vai solucionar o problema de contaminaçom, urbanismo selvagem, infrastruturas de transporte irracionais baseadas no vehiculo privado…

Os quartos que se recadem em esta festa serviram para seguir organizando mobilizaçons contra os culpaveis destas desfeitas que som os responsaveis das seguintes institucçons e empresas privadas: Autoridade Portuaria de Vigo, Xunta de Galiza, Concelhos de Vigo e das vilas banhadas pola ría, Caixanova, Citroën, Pescanova…. que nom lhes preocupa nada destruir a ría con tal de sacar grandes beneficios para os seus petos.

Boas festas
A Ría Non Se Vende

Comentar esta nova...

Un estudo aconsella ampliar as áreas protexidas no litoral galego

Decembro 15th, 2009. Escrito por Fusquenlla en Xeral | 1 comentario »

A área galaico-cantábrica conta hoxe en día con menos dun 1% da súa superficie protexida, cando o Convenio de Biodiversidade de Nacións Unidas esixe a conservación de, polo menos, un 10% da superficie mariña antes do 2012
Oceana presenta un informe cofinanciado por Fundación Biodiversidade sobre as augas galegas e o mar Cantábrico para impulsar a creación de, polo menos, 15 novos espazos protexidos. Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...

Vernes 18, Ceia solidária com A Ria Non Se Vende

Decembro 14th, 2009. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | 1 comentario »

A Ria Non Se Vende organiza o próximo 18 de Dezembro umha ceia solidária no C.S. A Faísca (Rua Toledo 9, Calvário, Vigo). O acto dará começo às 21 horas com várias projecçons sobre o trabalho da RNSV e um acto poético. O menú da ceia será vegetariano e vegano. Podedes anotar-vos bem nos centros sociais A Revolta, A Faísca, O Guindastre e A Cova dos Ratos ou bem através do correio electrónico de A Ria Non Se Vende: arianonsevende@gmail.com

Bom proveito

Comentar esta nova...

A RÍA NON SE VENDE PRESENTA DENUNCIA PENAL CONTRA OS RESPONSABEIS DA AUTORIDADE PORTUARIA POLAS OBRAS DE RECHEO DO AREAL

Decembro 13th, 2009. Escrito por Bouzas móvete en Xeral | 1 comentario »

A rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE ven de presentar, este vernes 11, no Xulgado de Instrución de Garda de Vigo (nº7) unha denuncia penal contra os responsables da Autoridade Portuaria de Vigo (Corina Porro, e Luís Lara Rubido, entre outros) pola comisión dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, contemplado nos artigos 325 a 331 do Código Penal, e outro de prevaricación, segundo o estipulado no artigo 404 do mesmo Código, ambos relacionados coas obras iniciadas no Areal.

A denuncia baséase na falta de cobertura legal dunhas obras que se están executando sen que o proxecto das mesmas fora tramitado e aprobado debidamente segundo a lexislación vixente, sen terse tampouco sometido á preceptiva exposición pública, claramente prexudiciais para o medio ambiente e os recursos naturais, e que se están realizando sen que se conte co indispensable Plan de Utilización dos Espazos Portuarios do Porto de Vigo. De todo o dito son coñecedores os citados responsables da Autoridade Portuaria de Vigo, polo que están incurrindo nun delito de prevaricación.

Ler o resto desta entrada »

Comentar esta nova...